Somos independentes política e economicamente. Non aceptamos cartos de gobernos, partidos políticos nin empresas. As doazóns individuais, xunto coas cotas regulares dos nosos socios e socias, son a única fonte dos nosos fondos.
Isto é o que acadamos en 2024 grazas ás achegas dos nosos socios e socias:
Defendemos a paz.
Coa nosa valerosa postura sobre Gaza e a campaña para acabar co comercio de armas con Israel.
Defendemos o mar.
Fomos unha organización clave na promoción e apoio do Tratado Oceánico Global.
Defendemos o territorio.
Tentamos deter proxectos prexudiciais para as persoas, o planeta e a biodiversidade, como Altri ou a nova sede de Guggenheim en Urdaibai!
Máis dun millón
sinaturas en apoio das nosas campañas.
Transparencia
Nos informes anuais que Greenpeace elabora anualmente, pódense consultar as contas auditadas da organización.
A importancia dos socios e socias
Os máis de 145.000 socios e socias de Greenpeace son a base da organización. Son quen fai posíbel o noso traballo, as campañas, as accións, os programas de educación ambiental, a labor de comunicar os problemas do medio ambiente e as súas posíbeis solucións.
Garantía de independencia
Greenpeace finánciase exclusivamente coas achegas dos seus socios e socias, e non acepta doazóns de gobernos, partidos políticos ou empresas. A nosa independencia dános a autoridade que necesitamos para facer campañas e acadar un cambio real.
Rendición de contas
A través das newsletters e da revista trimestral — en formato en liña ou en papel — informamos a todas as persoas que colaboran con Greenpeace verbo do noso traballo.
Sabías que colaborar con Greenpeace desgrava?
Se es socio/a e desexas máis información, non dubides en poñerte en contacto co noso servizo de atención ao socio/a, 900 535 025 ou a través do enderezo sociasysocios.es@greenpeace.org.