Encontro con medios e actividades no barco de Greenpeace

11-06-2024

Logo de pasar uns días en Bilbao o rachaxeos Arctic Sunrise de Greenpeace visitará as costas galegas, nas que permanecerá do 13 ao 15 de xuño, e partirá rumbo a Palma de Mallorca. O Arctic Sunrise estará localizado no porto de Vilagarcía de Arousa (Galicia).

ENCONTRO COA PRENSA

DÍA: XOVES 13 DE XUÑO

HORA: 10:00 h.

LUGAR: Arctic Sunrise

Localizado no Porto de Vilagarcía de Arousa. Peirao do Ramal

 

 

Durante a súa estancia en Galicia; Greenpeace pide a ratificación do Tratado Global dos Océanos ao goberno de España, e traballará co sector pesqueiro artesanal para reivindicar unha pesca máis sostíbel fronte á pesca industrial, que está a acabar coa biodiversidade e sobreexplota os recursos pesqueiros. 

No encontro participarán:

  • Marta Martín-Borregón, responsábel de Océanos (Greenpeace)
  • Manoel Santos, coordinador en Galicia (Greenpeace)

E estarán acompañados por representantes do sector do mar: 

  • Xocas Rubido (Presidente da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa)
  • María Porto (Presidenta da Agrupación de Mariscadoras do Carril)
  • Juan José Rial Millán (Patrón Maior da Confraría da Illa de Arousa) 
  • Ángel José Rodríguez Silva (Presidente da Federación de Asociacións de Mexilloeiros de Arousa e Norte)

 

RECIBIMENTO MARÍTIMO

O Arctic Sunrise entrará na ría de Arousa o mércores 12, aproximadamente ás 17:00 h. Agárdase que o faga acompañado de numerosas embarcacións pertencentes a varias confraría da ría para reivindicar en conxunto co sector da pesca artesanal, o marisqueo e a acuicultura extensiva tradicionais unha meirande protección para os océanos e a rexeneración da ría de Arousa. A manifestación marítima discorrerá desde o Norte da Illa de Arousa até a entrada en porto.

*Se queres ver como transcorre a manifestación algún dos puntos recomendados son:

– Faro de Punta Cabalo ou Praia da Cova (A Illa de Arousa)
– Praia das Sinas (Vilanova de Arousa)
– Porto de Vilagarcía de Arousa, concentración de todas as embarcacións

 

PORTAS ABERTAS

O buque de Greenpeace abrirá as súas portas a todos os públicos o xoves 13 a partir das 17:00 até as 21:00, o venres e o sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00.
Os visitantes poderán coñecer algunhas das zonas do Arctic Sunrise e a súa historia en visitas guiadas de balde.

 

OUTRAS ACTIVIDADES AO REDOR DO ARCTIC

O xoves 13 terá lugar a bordo do Arctic Sunrise unha xornada de traballo co sector do mar e tamén en conxunto con todo o sector primario. Ademais, ás 19:00h desenvolverase unha mesa redonda, aberta ao público, sobre ‘Propostas e reivindicacións ecofeministas para o sector primario’, na que participarán:

  • Sandra Amezaga (secretaria de Mulleres Salgadas)
  • María Vales (ex-patroa maior de Vilanova) 
  • Isabel Vilalba (secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego)

Espazo infantil no porto con pintacaras e unha exposición sobre as razóns polas que hai que protexer os océanos e a pesca artesanal, entre outras iniciativas. 

O sábado 15: pasarrúas organizado pola Asociación Nós de Sobradelo (de 11:00 a 13:00), que continuará coa presenza en porto do colectivo ‘13 graos’ (tanto pola mañá como a tarde) ofertando unha experiencia inmersiva con lentes de realidade virtual para coñecer os fondos mariños galegos. 

Durante toda a semana: mural participativo a cargo da artista Loubé. Será unha homenaxe á pesca artesanal e a ría de Arousa. A actividade realizarase nunhas instalacións localizadas no porto, xunto ao aparcadoiro.

MARCHAS CONTRA CELULOSAS

Greenpeace tamén anima a participar na Marcha contra Celulosas que se realiza todos os anos contra a presenza da pasteira Ence. Terá lugar o domingo 16 de xuño ás 12:00 h. e sairá simultaneamente das alamedas de Marín e Pontevedra para acabar na fábrica de Ence en Lourizán. Esta marcha adquire unha especial relevancia pola intención da empresa Altri de instalar unha nova macrocelulosa nunha zona de especial protección polo seu interese ambiental. 

De igual maneira, as accións neste sentido continuarán en Compostela o domingo 30 de xuño ás 12:00 h. cunha gran convocatoria para rodear simbólicamente a sede da Xunta de Galicia en San Caetano en contra do proxecto de Altri

Más información sobre o Arctic Sunrise en Galicia


Comparte!