01-02-2024


Claves a favor do territorio, as personas e a xustiza social

Galicia ten enormes desafíos que deben ser abordados na seguinte lexislatura polo  Parlamento galego e a Xunta de Galicia. O novo ciclo electoral ten que nos conducir  a unha sociedade que poña no centro o benestar das persoas e a xustiza social, así como o coidado do territorio galego e do planeta. A ciencia dinos que esta década é crucial para actuar contra a crise climática1 e que os catro vindeiros anos serán decisivos para pór en marcha as mellores propostas, estreitar a colaboración das institucións e implicar decisivamente á cidadanía. O noso planeta está doente2 e a urxencia do desafío que temos diante require estar á altura.

Debemos superar a noción de cambios cosméticos. Necesitamos unha mudanza
revolucionaria na nosa forma de pensar e de actuar, e a boa nova é que iso suporá unha enorme oportunidade de progreso e benestar para a gran maioría das persoas.

Fronte a minorías que acaparan a riqueza, depredan os recursos e o patrimonio natural, escapan das súas responsabilidades democráticas, desvían a atención da
opinión pública e ignoran ás futuras xeracións, é tempo de expor alternativas dende unha acción política valente e sen distraccións.

Outro modelo de sociedade e de economía en paz co planeta é posíbel e querémolo construír con e dende a xente, coa convicción de que é posíbel reforzar os lazos de
solidariedade que nos unen, que nos fan máis resilientes e que nos brindarán un futuro mellor.

Aquí presentamos oito claves para avanzar cara a un rumbo verde en favor do territorio, das persoas e a xustiza social no contexto das vindeiras eleccións ao
Parlamento de Galicia.

pdf
Claves a favor do territorio, as personas e a xustiza social
ELECCIÓNS GALEGAS 2024
Descargar

Comparte!