Usamos cookies para mejorar tu experiencia.
Entendemos que estás de acuerdo si sigues navegando.

18-11-2020

Coren contra Manuel

O caso de Manuel García, un labrego e ecoloxista da comarca da Limia en Ourense, é un bo exemplo do difícil que, cada día máis, resulta defender a natureza. Manuel, un ECOLOXISTA, así, con maiúsculas, viuse “ameazado” por plantar cara a Coren, unha gran empresa gandeira da súa zona e por dicir que xa abonda! de contaminar a terra na que naceu e que ama.

Manuel García, demandado por denunciar las prácticas contaminantes de Coren en Galicia

Manuel García. ©Greenpeace/Pedro Armestre

No ano 2019, Manuel saíu nun coñecido programa de televisión amosando como un canón dunha “granxa propia de Coren” regaba con xurro unha pradería e afirmando que estas regas con xurros sen tratar levan antibióticos e moitos produtos químicos que se filtran ás augas subterráneas contaminando tamén augas superficiais, como, entre outras, as do encoro das Conchas, algo que está corroborado polos datos oficiais e diversos informes científicos. Cinco meses despois, Manuel recibía un burofax dos servizos xurídicos do Grupo Coren reclamándolle un millón de euros en danos e prexuízos por estas declaracións.

Malia recibir moitas presións, Manuel ratificou no xulgado as súas denuncias contra o ausente tratamento dos xurros e esterco nas granxas e a responsabilidade do Grupo Coren. Agora está no tellado desta empresa seguir adiante coa denuncia ou pasar páxina e tratar de solucionar os graves problemas ambientais que provoca na Limia co seu modelo de gandería industrial.