14-01-2021

O medio rural que queremos

No modelo de gandería industrial o único que realmente interesa é producir moito, axiña e barato. Non importa como.

Asemade, este modelo está a debilitar o medio rural, cando deberiamos estar a facer xusto o contrario: fortalecelo. Porque só cun campo forte e vivo poderemos facer fronte á emerxencia climática e á perda de biodiversidade e alimentar ben a toda a poboación, hoxe e no futuro. Con todo, a gandería industrial esnaquiza todo ao seu redor, tamén empregos, e non está a axudar en absoluto a fixar poboación no rural.

Apostar por unha dieta máis sa e sustentábel, con máis alimentos de orixe vexetal e menos de orixe animal, permitiría un mundo rural vivo baseado no respecto ao medio natural e aos recursos como a auga, e supoñería un paso indispensábel para frear o colapso da biodiversidade. O excesivo, insán e insostíbel consumo de carne e outros derivados animais só é posíbel baixo un sistema de produción industrial. Que modelo queremos?

Podes ler o informe completo, que inclúe unha exhaustiva investigación sobre a contaminación por nitratos na zona da Limia, aquí.