Toda a soia é transxénica? Cales son as marcas de leite de soia que recomendades?


Non, non toda a soia é transxénica. Cada vez existe máis soia ecolóxica no mercado, e pódese atopar mesmo soia convencional de identidade preservada, que garante que non é transxénica. Se a actual lexislación sobre etiquetado de alimentos transxénicos estiver funcionando correctamente, deberían estar etiquetados todos os produtos que proceden de ou conteñen transxénicos.

O mellor que podes facer é solicitar aos respectivos fabricantes un certificado de que a soia que utilizan non é transxénica. Por outra banda, a inmensa maioría da soia transxénica utilízase para facer pensos para animais, non para o consumo humano directo.

Pero, actualmente, a mellor forma de efectuar un consumo responsábel de soia é escoller exclusivamente os produtos elaborados con soia ecolóxica, pois así sabemos que non é transxénica nin é responsábel da destrución de bosques como a Amazonía.