Quen é o responsábel dos teus datos persoais?

A responsábel é ASOCIACIÓN GREENPEACE ESPAÑA (en diante “GREENPEACE”), con enderezo na rúa Valores 1, 28007 Madrid.

En caso de dúbida ou consulta sobre calquera aspecto verbo da privacidade, podes comunicalo ao enderezo postal de GREENPEACE ou ao enderezo electrónico info.es@greenpeace.org

Datos de contacto do Delegado de Protección de Datos

PRODAT (PRODAT CUMPLIMIENTO, S.L.).
Enderezo: Calle de Aguarón, 23, Edif B Planta 2-D-E, 28023 Madrid
Correo electrónico: info.es@greenpeace.org

Como obtivemos os teus datos de carácter persoal?

Os teus datos de carácter persoal foron obtidos a través das relacións previas que mantiveches con GREENPEACE ou con motivo das relacións que mantés na actualidade coa nosa entidade, sexa pola túa condición de socio/a, porque fuches doador/a, porque participaches nalgunha das nosas campañas, porque es ou fuches voluntario/a, activista ou colaborador/a ou porque solicitaches que che remitísemos información promocional verbo das nosas actividades, campañas e iniciativas.

Tamén é posíbel que un terceiro nos dese os teus datos. Como norma xeral, só tratamos os datos que nos facilitan os seus propios titulares, pero en certos casos recibimos datos por parte de terceiros. No caso de que nos achegues datos de terceiras persoas dos que non es titular, deberás previamente informar e solicitar o consentimento das devanditas persoas, eximíndonos de calquera responsabilidade polo incumprimento deste requisito.

Que datos persoais tratamos?

Dependendo da natureza da nosa relación contigo, trataremos en maior ou menor medida datos que serán necesarios, axeitados e pertinentes en todo caso, de acordo coa finalidade perseguida.

Segundo o exposto anteriormente, poderemos tratar os seguintes datos:

  • Nome
  • Apelidos
  • DNI
  • Enderezo de correo electrónico
  • Número de teléfono
  • Data de nacemento
  • Sexo
  • Lingua preferida
  • Enderezo postal
  • Achega económica
  • Datos bancarios
  • Profesión
  • Información que nos proporcionaches para o exercicio do voluntariado
  • Imaxe propia

*Nalgúns casos solicitaremos o teu consentimento expreso para a utilización da túa imaxe; porén, noutras ocasións, como na celebración de eventos e/ou actividades que se gravan e/ou fotografan para promover a nosa actividade nas redes sociais e nesta páxina web, non nos resulta loxisticamente posíbel solicitarmos o consentimento a todos os asistentes, polo que te informamos de que, no caso de non desexares aparecer no noso contido audiovisual, pregámosche que nolo comuniques directamente.

En calquera caso, a túa imaxe aparecerá de forma accesoria en planos xerais, aplicando as medidas de seguridade técnicas e organizativas que estean á nosa disposición para protexer a túa privacidade.

Se viches unha imaxe na que aparece a túa persoa e non desexas seguir aparecendo, ponte en contacto connosco no enderezo de correo contacto.es@greenpeace.org e atenderemos a túa solicitude no menor tempo posíbel. Do mesmo xeito, no propio evento podes manifestar a túa oposición ante o persoal de GREENPEACE e faremos todo o posíbel para que a túa imaxe non sexa publicada.
Se es voluntario/a e participas connosco de xeito activo, trataremos o teu certificado negativo de delitos sexuais, en cumprimento da lei de voluntariado aplicábel.

Informámoste tamén de que trataremos aqueles datos adicionais que voluntariamente nos facilites durante as futuras relacións e interaccións que manteñas con GREENPEACE, incluídos os que nos achegues mediante unha rede social ou outra aplicación. Estes datos dependen da túa propia configuración de privacidade, do teu uso da rede social ou aplicación e das políticas de privacidade propias de cada rede social ou aplicación, polo que che recomendamos que as leas con atención antes de nos facilitares datos a través das devanditas redes sociais ou aplicacións.

Ademais, ao navegares pola nosa páxina web, poderemos tratar o teu enderezo IP, que sistema operativo ou navegador usas e mesmo a duración da túa visita, pero sempre de xeito anónimo, coa finalidade de realizar análises e melloras na páxina web, ademais de para mellorar a nosa estratexia comercial.

Para que tratamos os teus datos persoais?

Para cumprirmos cos nosos obxectivos fundacionais, resolvermos problemas globais do medio ambiente e impulsarmos solucións necesarias para ter un futuro verde e en paz, tratamos os teus datos en función de se es socio/a, doador/a, voluntario/a, colaborador/a, ciberactivista… para as seguintes finalidades:

  • Enviar información sobre GREENPEACE que poida interesarte mediante SMS, teléfono, correo postal ou e-mail, segundo o teu consentimento ou a nosa relación contigo. No caso de que a nosa relación contigo remate, comunicarémosche que queremos seguir a enviarche información e iso faremos agás se manifestas o contrario.
  • Dar resposta ás peticións de información solicitadas.
  • Promover e xestionar a relación Greenpeace-socios, incluíndo a colaboración económica mediante o cobro de cotas.
  • Promover a participación activa mediante a sinatura de campañas ou peticións e informarte sobre estas ou outras iniciativas de natureza similar.
  • Fomentar a colaboración en GREENPEACE a través da rede de voluntariado.
  • Coordinar a participación en actividades organizadas por ou para a rede de voluntariado de GREENPEACE.
  • Invitar a actos ou eventos que organice GREENPEACE.
  • Realizar enquisas de satisfacción.
  • Actividades básicas de elaboración de perfís segundo a información que directamente nos proporcionases, destinada a garantir a axeitada xestión das devanditas actividades.
  • Cando esteamos lexitimados ben pola relación que mantemos contigo ou ben porque nos deches o teu consentimento, enviar, mesmo por medios electrónicos, comunicacións de promoción de actividades, campañas e iniciativas de natureza similar a aquelas nas que participaches anteriormente*

*Sempre poderás opoñerte a recibir as comunicacións de promoción de Greenpeace. Poderás facelo en calquera momento por calquera dos seguintes medios:
– enviando un correo electrónico ao enderezo electrónico contacto.es@greenpeace.org
– dirixindo unha solicitude ao enderezo postal de GREENPEACE.
– a través da ligazón de baixa dispoñíbel na parte inferior de cada unha das comunicacións que recibas.
– no caso de seres socio/a, xestionando as túas preferencias de comunicación na túa área de “DONOR”.

En particular, se es voluntario/a e participas de xeito activo connosco:

  • Xestión administrativa dos datos do voluntariado que colabora con GREENPEACE.
  • Cesión de datos a compañías de seguros para a xestión do seguro de risco de accidentes e enfermidade, para cumprir o establecido na Lei 45/2015, de 14 de outubro, de voluntariado.
  • Cumprir coa lei 26/2015, de protección xurídica do menor, no caso de que a actividade a desenvolver implique a relación con menores de idade (tratamento do certificado negativo de delitos sexuais).
Por que motivo podemos tratar os teus datos persoais?

A base que lexitima o tratamento dos teus datos varía en función do tipo de relación que teñas con GREENPEACE.

Cando o tratamento dos teus datos persoais está relacionado co mantemento da túa relación con GREENPEACE como socio/a, doador/a, voluntario/a, colaborador/a, ciberactivista ou outros xeitos de participación activa, o tratamento está lexitimado xa que resulta necesario para cumprir coas obrigas contractuais derivadas da devandita relación e, nalgúns casos, por existir unha obriga legal.

No que respecta ao envío de información de promoción de actividades, campañas ou iniciativas de GREENPEACE, o tratamento pode basearse no noso interese lexítimo pola relación que mantemos contigo (condición de socio/a, asinante, participación activa en campañas relacionadas…).

O interese lexítimo nace da relación previa con GREENPEACE ou do interese amosado nalgunha das accións levadas a cabo por nós, que á súa vez é unha das seis bases lexitimadoras que se recollen na normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal (RXPD e LOPDXDD), ademais da actual Lei Xeral de Telecomunicacións, que permite a GREENPEACE, como responsábel do tratamento, a comunicación co interesado ou a interesada sen necesidade de recoller previamente o consentimento do seu titular.

Realizamos comunicacións por WhatsApp?

GREENPEACE habilitou unha canle de WhatsApp á que podes acceder a través da nosa páxina web. Esta canle está deseñada para facilitar a comunicación contigo e ten as seguintes finalidades:

  • Axudámoste a te dares de alta como novo membro de GREENPEACE, dándoche toda a información e asistencia necesaria.
  • Modificar os teus datos persoais, como información bancaria, enderezo de domiciliación, data de aniversario, etc., no caso de que houber algún cambio..
  • Ofrecerche melloras e actualizacións dos nosos servizos..
  • Invitarte a formares parte do noso equipo de voluntariado, ofrecéndoche a oportunidade de participar activamente nas nosas iniciativas e campañas. .
  • Informarte sobre os eventos, sorteos, campañas, concursos e outras actividades organizadas pola nosa asociación..
  • Enviarche documentos como certificados, a memoria anual, felicitacións de aniversario, etc. .

A base que lexitima este tratamento de datos é o teu consentimento inequívoco ao aceptares recibir as distintas comunicacións de GREENPEACE.
Os teus datos conservaranse ata que decidas revogar o teu consentimento, o cal podes facer enviando a palabra “BAIXA” a través da propia canle de WhatsApp.

Cando e por que motivo podemos facilitar os teus datos a terceiros?

Nunca venderemos, alugaremos nin cederemos os teus datos persoais, pero estes poderán ser facilitados aos destinatarios que se indican a continuación e polos motivos que a continuación se explican:

  • Administracións Públicas: para cumprir coas obrigas legais ás que GREENPEACE está suxeita por mor da súa actividade.
  • Destinatarios de peticións e campañas: cando asinas unha petición ou participas cos teus datos nunha acción, o destinatario da campaña recibe de Greenpeace os datos imprescindíbeis para cumprir coas obrigas derivadas destas campañas, que poderán ser: nome, apelidos, DNI, código postal e correo electrónico. Greenpeace informarate de quen son os destinatarios de cada campaña.
  • Provedores que precisen acceder aos teus datos para a prestación de servizos que GREENPEACE contratase cos devanditos provedores e con quen GREENPEACE subscribiu os contratos de privacidade e de tratamento de datos persoais necesarios e esixidos pola normativa para protexer a privacidade destes datos.
  • Aquelas cesións a terceiros que sexan necesarias para a organización ou coordinación das campañas, actividades e iniciativas nas que voluntariamente participes.
  • No caso do voluntariado, a compañías de seguros para a xestión do seguro de riscos de accidentes e enfermidade, para cumprir o establecido na lei 45/2015, de 14 de outubro, de voluntariado.

Se, nun futuro, GREENPEACE realizar outras cesións de datos persoais, informarate oportunamente e, se for necesario, solicitará o teu consentimento.

Realizamos transferencias internacionais de datos?

GREENPEACE ten contratados os servizos de provedores tecnolóxicos situados maioritariamente no Espazo Económico Europeo (“EEE”). Algúns países alleos ao EEE están recoñecidos pola Comisión Europea como garantes dun nivel axeitado de protección de datos segundo as normas do EEE, e a listaxe completa destes países está dispoñíbel aquí.

Para transferencias do EEE a países non considerados axeitados pola Comisión Europea, GREENPEACE subscribe contratos, garantías e salvagardas necesarias para preservar a privacidade dos datos.

En relación co uso de rastros de Google Analytics, coa activación no banner de rastros, o usuario outorga o seu consentimento expreso para a posible realización de transferencias internacionais de datos aos Estados Unidos.

Para máis información sobre as garantías da privacidade dos datos, podes dirixirte a GREENPEACE a través de contacto.es@greenpeace.org ou a través do enderezo postal antes indicado.

Durante canto tempo gardaremos os teus datos?

Os teus datos persoais conservaranse mentres se manteña a túa relación con GREENPEACE e mesmo trala finalización da devandita relación por calquera causa durante os prazos de prescrición legais que sexan de aplicación, se non nos comunicas o contrario. Neste suposto, trataranse a efectos de acreditar o cumprimento das nosas obrigas legais e/ou contractuais. Conservaremos a túa información persoal o tempo necesario ou permitido atendendo aos fins para os que se obtivo. Os criterios empregados para determinar os prazos de conservación inclúen as nosas obrigas legais, as nosas necesidades estatísticas ou o feito de que a conservación sexa ou non aconsellábel en función da nosa postura xurídica.

Se es menor de 18 anos

Se es menor de idade e usas algún dos nosos sitios web ou participas nalgunha das nosas campañas, pregámosche que non nos envíes ningún dato persoal teu nin da túa familia sen previa autorización dos teus pais ou titores. Se eles están de acordo, poderás participar nas nosas campañas e actividades do xeito que en cada caso se indique. Pide aos teus pais ou titores que se poñan en contacto connosco en contacto.es@greenpeace.org se tes algunha dúbida.

Cales son os teus dereitos?

Podes exercitar os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade, limitación e/ou oposición ao tratamento a través dos enderezos postal e electrónico indicados. Isto significa que tes dereito:

  • A saber se estamos a tratar os teus datos ou non.
  • A acceder aos teus datos persoais.
  • A solicitar a rectificación dos teus datos se son inexactos.
  • A solicitar a supresión dos teus datos se xa non son necesarios para os fins para os que se recolleron ou se nos retiras o consentimento que nos outorgaras.
  • A solicitar a limitación do tratamento dos teus datos nalgúns supostos; neste caso, conservarémolos só segundo a normativa vixente.
  • A que che remitamos os datos que gardamos sobre ti en GREENPEACE nun formato estruturado, de uso común ou de lectura mecánica.
  • A retirar o teu consentimento para calquera tratamento para o que consentiras en calquera momento.

Do mesmo xeito, se consideras que o tratamento dos teus datos persoais vulnera a normativa ou os teus dereitos de privacidade, podes presentar unha reclamación:

  • Para máis información sobre as garantías para a túa privacidade, podes dirixirte a GREENPEACE a través de
    contacto.es@greenpeace.org ou a través do enderezo postal arriba indicado.
  • Perante a Axencia Española de Protección de Datos, a través da súa sede electrónica ou do seu enderezo postal.

Rastros

Última modificación: xullo 2022.

Esta Política de Rastros é parte integral das Condicións Xerais e da Política de Privacidade desta páxina web. O acceso e a navegación no sitio ou o uso dos seus servizos implican a aceptación das Condicións Xerais (e, por tanto, da Política de Privacidade e Política de Rastros). Pregámosche que as leas atentamente.

Agradecémosche que decidises visitarnos. Queremos que a túa experiencia no sitio sexa o mellor posíbel e, por ese motivo, redactamos esta Política de Rastros do xeito máis transparente posíbel.

Que é un rastro?

Os rastros son arquivos que conteñen pequenas cantidades de información que se descargan no dispositivo do usuario e que se utilizan cando visitas un sitio web. A súa finalidade principal é recoñecer ao usuario cada vez que accede e permítennos, ademais, mellorar a calidade e a usabilidade da nosa web.

Os rastros son esenciais para o funcionamento de Internet; non poden danar o equipo/dispositivo do usuario e, se se atopan activados na configuración do teu navegador, axúdannos a identificarmos e resolvermos posibles errores de funcionamento de https://es.greenpeace.org/es/.

Tipos de rastros

Hai diferentes tipos de rastros. Todos eles traballan do mesmo xeito, pero hai pequenas diferenzas entre eles:

a) Rastros de sesión: os rastros de sesión duran soamente o tempo que esteas visitando o sitio e bórranse unha vez pechado o navegador. A súa finalidade principal é identificar o tipo de dispositivo e dar apoio á seguridade do sitio web ou á súa funcionalidade básica. Non conteñen información persoal que nos permita identificar unha persoa.
b) Rastros persistentes o permanentes: almacénanse no disco duro do dispositivo e a nosa web fai unha lectura deles cada vez que realizas unha nova visita á páxina; posúen unha data de caducidade ou expiración determinada trala cal o rastro deixa de funcionar. Permítennos identificar as túas accións e preferencias e analizar as visitas e axúdannos a comprender como chegan os usuarios á nosa páxina e a mellorar os nosos servizos.
c) Rastros de funcionalidade: permiten lembrar decisións adoptadas polo usuario, como as súas credenciais ou identificador. A información que recollen estes rastros é anónima (é dicir, non contén o teu nome, enderezo nin outros datos).
d) Rastros de terceiros: os rastros de terceiros son os rastros que instala un sitio web que non é o que estás a visitar; por exemplo, os usados polas redes sociais (como Facebook) ou por complementos externos de contido (como Google Maps). Ademais, algunhas empresas de publicidade usan este tipo de arquivos para facer un seguimento das túas visitas en cada sitio no que se anuncian.
e) Rastros analíticos: son rastros que teñen por finalidade o mantemento periódico e garantir o mellor funcionamento e servizo ao usuario recollendo datos da túa actividade.

Uso de rastros por parte de GREENPEACE

Mediante o acceso á páxina web, aceptas de xeito expreso que poidamos usar este tipo de rastros nos teus dispositivos. Se desactivas os rastros, pode que a túa navegación pola páxina non sexa óptima e que algunhas das utilidades das que dispón non funcionen correctamente.

a) Rastros propios

Co fin de recoñecerte e prestarte un mellor servizo, o noso sitio utiliza rastros (pequenos arquivos de texto que o teu navegador almacena) propios. As vantaxes que implica a aceptación dos nosos rastros tradúcense nun aforro de tempo. Do mesmo xeito, poden usarse tamén para te recoñecer entre visitas sucesivas e así adaptar o contido que se che amosa, para obter información verbo da data e hora da túa última visita, para medir algúns parámetros de tráfico dentro do propio sitio web e para estimar o número de visitas realizadas, de xeito que poidamos enfocar e axustar os servizos e promocións dunha maneira máis efectiva.

Ningún rastro pode pórse en contacto co teu número de teléfono, o teu enderezo de correo electrónico ou calquera outro medio de contacto; tampouco pode extraer información do teu disco duro nin roubar información persoal.

Estritamente necesarios

Propietario Rastro Función Caducidade
Greenpeace PHPSESSID Seguridade do sitio web Sesión
Greenpeace cookieSettings Lembrar a configuración de rastros do usuario Dous anos

Segmentación

Propietario Rastro Función Caducidade
Greenpeace last_visit Recoller datos de navegación na web Persistentes
Greenpeace days_with_session Recoller datos de navegación na web Persistentes
Greenpeace abTestVariant Recoller datos de navegación na web Persistentes
Greenpeace fIj0CJ7ZpWoQu4mc9gM Recoller datos de navegación na web para servir contidos adaptados ao usuario Persistentes

b) Rastros de terceiros

O sitio utiliza rastros de terceiros para nos axudar a analizar o uso que fan os usuarios do sitio. A información que xera o rastro sobre o teu uso do sitio (incluído o teu enderezo IP) transmitirase e arquivarase directamente polo terceiro nos seus servidores, que nalgúns casos poden estar situados nos Estados Unidos.

Os nosos socios usarán esta información no noso nome co propósito de seguir a pista do teu uso do sitio, recollendo informes de tráfico web e prestando outros servizos relacionados coa actividade do sitio e o uso de Internet. Poderán transmitir esta información a terceiros cando así o requira a lexislación.

Estritamente necesarios

Propietario Rastro Función Caducidade
Stripe __stripe_mid Prevención da fraude en liña Un ano
Stripe __stripe_sid Prevención da fraude en liña 30 minutos
Cloudfare __cf_bm É un rastro usado por Hubspot para a protección contra os bots 30 minutos

Analíticos

Propietario Rastro Función Caducidade
Google _ga_# Análise anónima de visitas a páxinas e outros comportamentos web Un ano
Google _ga Análise anónima de visitas a páxinas e outros comportamentos web Dous anos
Google _gid Análise anónima de visitas a páxinas e outros comportamentos web Un día
Hotjar _hjAbsoluteSessionInProgress Detectar a primeira páxina da sesión dun usuario 30 minutos
Hotjar _hjIncludedInSessionSample Detecta se un usuario entra ou non no grupo de análise 30 minutos
Hotjar _hjFirstSeen Identifica a usuarios novos na web Sesión
Hotjar _hjSession_# Atribúe comportamentos a un usuario durante unha mesma sesión 30 minutos
Hotjar _hjSessionUser_# Permite atribuír diferentes visitas a un mesmo usuario Un ano
Hotjar _hjViewportId Almacena datos de visualización Sesión
Hotjar _hjRecordingLastActivity Recolle datos de navegación Sesión
Hotjar _hjRecordingEnabled Sinala se están a recollerse datos de navegación dun usuario Sesión

Segmentación

Propietario Rastro Función Caducidade
OneSignal _hjRecordingEnabled Sinala se están a recollerse datos de navegación dun usuario Sesión
OneSignal onesignal-pageview-count Recolle datos de navegación de usuario Sesión
OneSignal os_pageViews
OneSignal ONESIGNAL_HTTP_PROMPT_SHOWN Identificar se o consentimento para recibir notificacións push no navegador xa se amosou a un usuario Sesión
OneSignal isOptedOut Fai seguimento do consentimento Persistente
OneSignal isPushNotificationsEnabled Fai seguimento do consentimento Persistente
OneSignal onesignal-notification-prompt Identifica que a mensaxe de consentimento se descartou Persistente
Hubspot __hssc Recolle datos de sesións de usuario 30 minutos
Hubspot hubspotutk Identifica a un visitante en diferentes visitas Seis meses
Hubspot __hstc Recolle datos de sesións de usuario Seis meses
Hubspot __hssrc Recolle datos de sesión de usuario Sesión

Publicitarios

Propietario Rastro Función Caducidade
Google test_cookie Comprobar se o navegador do usuario acepta rastros Un día
Google _gcl_au Utilizada por Google para entender as interaccións do usuario coa web e a publicidade Tres meses
Facebook _fbp Analizar comportamento de usuarios na web e a publicidade 90 días
Outbrain outbrain_cid_fetch Recolle comportamentos do usuario na web 60 minutos
TikTok _ttp Medir e mellorar o rendemento das campañas publicitarias e personalizar a experiencia do usuario en TikTok 13 meses
TikTok _tt_enable_cookie Medir e mellorar o rendemento das campañas publicitarias e personalizar a experiencia do usuario en TikTok 13 meses
TikTok tt_sessionId Medir e mellorar o rendemento das campañas publicitarias e personalizar a experiencia do usuario en TikTok Sesión
TikTok tt_pixel_session_index Medir e mellorar o rendemento das campañas publicitarias e personalizar a experiencia do usuario en TikTok Sesión
Configuración do usuario para evitar rastros

Se o desexas, podes rexeitar o tratamento dos datos ou da información rexeitando o uso de rastros mediante a selección da configuración axeitada do teu navegador. Porén, de facérelo, pode ser que non poidas usar plenamente as funcionalidades deste sitio.

Dende GREENPEACE ESPAÑA e en cumprimento da normativa legal vixente, poñemos á túa disposición a información que che permita configurar o teu navegador ou navegadores de Internet para manter a túa privacidade e seguridade en relación cos rastros. Por isto, proporcionámosche a información e ligazóns aos sitos de soporte oficiais dos principais navegadores para que poidas decidir se desexas ou non aceptar o uso de rastros.

Deste xeito, podes bloquear os rastros a través das ferramentas de configuración do navegador ou ben podes configurar o teu navegador para que te avise cando un servidor queira gardar un rastro:

a) Se utilizas Microsoft Internet Explorer, na opción de menú Ferramentas > Opcións de Internet > Privacidade > Configuración. Saber máis
b) Se utilizas Firefox, na opción de menú Ferramentas > Opcións > Privacidade > Rastros. Saber máis
c) Se utilizas Chrome, na sección de Opcións > Opcións avanzadas > Privacidade. Saber máis
d) Se utilizas Opera, na opción de Seguridade e Privacidade poderás configurar o navegador. Saber máis