O peixe, as froitas e as hortalizas que consumimos poden ser transxénicos?


De momento, na Unión Europea non se comercializa ningunha variedade de froita ou hortaliza transxénica. O salmón transxénico é o primeiro animal modificado xenéticamente aprobado para consumo humano, pero de momento só está a comercializarse en Canadá.

Polo momento, os únicos transxénicos que están autorizados na Unión Europea para consumo humano son determinadas variedades de millo, soia, colza, remolacha e algodón. Só se cultiva un millo transxénico, na súa inmensa maioría en España, e destínase case integralmente á alimentación animal.

O que está a desenvolverse en piscicultura e en agricultura a este nivel ten obxectivos científicos, e empréganse sobre todo para investigación, non só para determinar a viabilidade do seu uso senón tamén os riscos potenciais e reais dunha posíbel introdución destes transxénicos no medio ambiente.

Greenpeace oponse a todas as investigacións que se estean efectuando sen gardar as medidas de seguridade necesarias e imprescindíbeis (nalgúns casos están regulamentadas), como as que non se leven a cabo en ambientes confinados, pois, unha vez liberados no medio ambiente, os transxénicos non poden ser retirados nin controlados.