Pode un/ha menor de idade ser socio/a de Greenpeace?

As persoas menores de 14 anos non poden ser socias de Greenpeace, pero si poden axudarnos de moitas formas: difundindo a nosa causa e as nosas campañas e, por enriba de todo, coidando o medio ambiente e sendo un bo exemplo para outros mozos e mozas cos seus comportamentos e hábitos: nada causa máis impacto nos demais que ser nós mesmos/as un exemplo a seguir.

A partir dos 14 anos, podes darte de alta cunha autorización materna/paterna ou do titor legal.