Que supón engadir a miña sinatura a unha campaña de Greenpeace? Podo retractarme dela?


Asinar unha petición de Greenpeace é sinónimo de amosares o teu apoio público a unha das nosas campañas. Non podes retirar a túa sinatura dunha das nosas iniciativas. En ocasións as sinaturas entregaranse fisicamente á persoa ou persoas responsábeis de tomaren a decisión, para facermos máis presión e acadarmos o obxectivo polo que se iniciou a recollida.