Tendes información sobre construción sostíbel?


Cada vez é máis grande a necesidade e a demanda social pola aplicación de criterios de construción máis respectuosos co medio ambiente e a crecente utilización de enerxías e recursos renovábeis.

Aínda que, polas características do traballo na organización, non nos centramos de xeito específico neste tema, Greenpeace, como norma, considera que deben seleccionarse aqueles materiais máis naturais, obtidos localmente, e non recomenda un material alternativo fronte a outro. Greenpeace defende o consumo de madeira, cortiza e outros produtos forestais, xa que a madeira é un recurso renovábel, moito máis ecolóxico que outros materiais tóxicos (como o PVC) o de produción máis cara e contaminante (aluminio, ferro, cemento, etc). A madeira é un almacén natural de carbono, e o seu consumo responsábel favorece o desenvolvemento socioeconómico das poboacións locais.

Cando mencionamos a madeira como alternativa, referímonos á madeira de especies arbóreas obtidas localmente mediante sistemas de xestión forestal respectuosos co medio ambiente (piñeiro, sobreira, castiñeiro, carballo, nogueira...) e con certificación FSC; e sempre que se utilicen para o seu tratamento e conservación ceras, pinturas ou vernices non contaminantes.