O posto de Dirección Executiva é seleccionado pola Xunta Directiva. A partir dese momento, ten a responsabilidade de coordinar a xestión diaria da organización.

Ocúpase da representación pública de Greenpeace, e entre as súas funcións está a de dirixir os contactos cos representantes do mundo político, económico e social, así como cos medios de comunicación. Selecciona ao equipo ddirectivo de Greenpeace España, xunto ao que coordina todo o persoal que traballa profesionalmente ou como parte do voluntariado para Greenpeace no noso país.

Retrato de Mario Rodríguez, Director de Greenpeace España
Mario Rodríguez Vargas
Director Executivo

Mario Rodríguez Vargas (Madrid, 1965) é físico, especializado en astrofísica. Ten unha dilatada experiencia no medio ambiente, xa que a súa traxectoria, tanto persoal como profesional, estivo ligada á defensa medioambiental. Comezou a traballar en Greenpeace en 1992, nunha campaña de Greenpeace Internacional para a eliminación do cloro na produción da industria papeleira. En 1993, Greenpeace Internacional encargoulle pór en marcha a Campaña de Bosques en España, da que foi responsábel durante preto de 10 anos e onde desenvolveu un intenso traballo pola protección da Amazonía e dos últimos bosques virxes do planeta.

Mario Rodríguez Vargas foi unha persoa fundamental na historia de Greenpeace e unha peza chave para conseguir que Greenpeace sexa un referente medioambiental en España. Toma as rendas dunha organización con máis de 100.000 socios no noso país e máis de tres millóns no mundo, que ten por misión loitar por un mundo verde e en paz.

Retrato de Cecilia Carballo, Directora de Programas de Greenpeace España
Cecilia Carballo
Directora de Programas

Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidad Complutense e experta en Función Xerencial nas Organizacións non gobernamentais por ESADE, Cecilia Carballo conta con máis de 20 anos de experiencia de traballo no eido do desenvolvemento.

Ata se incorporar a Greenpeace en xaneiro de 2017, traballou, entre outros, como directora executiva de IPADE (desenvolvemento local e cooperación internacional en materia de sustentabilidade) durante 10 anos; como avaliadora do Fondo Mundial para o logro dos Obxectivos do Milenio, Fondo ODM – Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento, durante 5 anos; dende 2012, para a Rede Zahoz en asesoramento en temas de economía sostíbel e emprego verde para o desenvolvemento e a internacionalización, ou no Concello de Rivas Vaciamadrid no deseño das súas políticas públicas de sustentabilidade e na posta en marcha de iniciativas innovadoras dende a economía sostíbel e o emprego verde.

Grande amante e defensora do medio ambiente, é vicepresidenta de “Alianza por la Solidaridad”. Foi presidenta da fundación EQUO e membro da Xunta de Goberno da CONGDE, ademais de traballar en labores de asesoramento e avaliación medioambiental para diferentes institucións, empresas e ONG.

Retrato de Julián Carranza, Director de desarrollo organizativo de Greenpeace España
Julián C. Carranza
Director de Organización

Licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía, nas especialidades de Psicoloxía Social e Antropoloxía Social, pola Universidade Complutense de Madrid. A súa experiencia no ámbito das ONG remóntase a 1992, cando, tras gozar dunha bolsa de investigación no Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS) e colaborar co Consello Superior de Investigacións Científicas, incorporouse ao Centro de Investigación para la Paz (CIP) como responsábel do Centro de Documentación. Foi membro do Consello de Redacción da Revista “Papeles para la Paz” (actual “Papeles de Cuestiones Internacionales”) e fundador asociado da Asociación Española de Investigación para la Paz (AIPAZ).

Ademais, realizou funcións como socio-asesor do Instituto sobre Conflictos y Acción Humanitaria (IECAH). En 1999 comezou a traballar para a organización médico-humanitaria Médicos Sen Fronteiras (MSF), os primeiros anos como responsábel de información de América Latina e do servizo web e posteriormente como Coordinador de Participación.

Vencellouse a Greenpeace España para crear o Departamento de Participación, que abranguía os programas educativos, a xestión do voluntariado, o activismo, as protestas non violentas e as manifestacións públicas. Desempeñou varias responsabilidades durante os últimos años e actualmente é Director de Organización, área de traballo responsábel do desenvolvemento das persoas, os recursos financeiros, os servizos xerais, a avaliación e a planificación.

Edurne Rubio
Directora de Engagement

Edurne (Valencia, 1977) é especialista en análise do discurso e ten un posgrao en Comunicación para a Cobertura de Conflitos e a Paz pola Universitat Autònoma de Barcelona e un Máster en Comunicación Política pola London City University.

Despois de varios anos en gabinetes e medios de comunicación, Edurne orientou a súa carreira cara á comunicación en organizacións sociais. Antes de se incorporar ao equipo de Greenpeace en febreiro de 2018, traballou durante 13 anos en Amnistía Internacional, primeiro na sede central da organización en Londres e máis tarde como responsábel da captación de socias, socios e doadores individuais na oficina española. Estivo vencellada ao Observatorio do Face to Face da Asociación Española de Fundraising dende a súa creación, e agora mesmo forma parte do Comité Executivo.

Feminista e ciclista, interésanlle os procesos de transición e de recuperación da memoria democrática, polo que estivo vinculada como activista ao movemento memorialista español.

Como directora de Engagement, está convencida de que a comunicación estratéxica é unha ferramenta poderosa para acadar o cambio que queremos ver no mundo e de que a doazón é, ademais dunha forma de participación política, a garantía da nosa independencia de acción na protección do medio ambiente e da paz.

Retrato de Eva Saldaña, Directora de movilización de Greenpeace España
Eva Saldaña Buenache
Directora de Mobilización

Eva Saldaña Buenache (Madrid, 1977) é Licenciada en Ciencias Biolóxicas, especialidade de Ecoloxía, pola Universidade Autónoma de Madrid. Foi bolseira na UAM durante 3 anos na Oficina Ecocampus para co-coordinar a xestión e educación ambiental do Campus universitario, ademais de participar en proxectos desta natureza na Patagonia (Arxentina), na Amazonía peruana e en Costa Rica durante este período.

É especialista en procesos participativos e de liderado, traballo en equipo e resolución non violenta de conflitos polo IIFAC (Instituto Internacional de Facilitación e Consenso) e en Deseño para a Sustentabilidade por Gaia Education, e realizou o Mestrado en Dirección e xestión de ONG impartido por ESADE University.

Estivo como Coordinadora da Cooperación Internacional e a “Red de Centros de Desarrollo de Liderazgo de Jóvenes Indígenas en Agroecología” dentro de SPERI (Social Policy Ecology Research Institute) durante 2011 en Vietnam.

Amante da natureza e aprendiza dos procesos colectivos, a súa traxectoria en Greenpeace comeza en 2002 como voluntaria, educadora e activista. A partir de entón, foi Responsábel da Área de Voluntariado ata 2006, Responsábel da Área de Educación e Formación Ambiental ata 2009, e en 2012 asumiu a Dirección do Departamento de Mobilización.