O premio Artemio Precioso é un recoñecemento a aquelas persoas ou institucións cuxa traxectoria persoal ou profesional sexa un exemplo de defensa do medio ambiente e da paz.

Premio Artemio Precioso 2020

A Xunta Directiva de Greenpeace España concedeu o último premio Artemio Precioso á Dra. Jane Goodall en outubro de 2020.

O premio busca recoñecer a labor de persoas físicas ou institucións que sexan un claro exemplo de activismo e compromiso na defensa do medio ambiente ou da paz e que soubesen dar unha proxección social a este compromiso, en consonancia cos valores defendidos por Greenpeace.

A oitava edición deste premio celebrarase en 2023.

O premio rende homenaxe a Artemio Precioso Ugarte (1917-2007), pioneiro do ecoloxismo en España. Exiliado a Rusia trala Guerra Civil, foi despois prófugo do estalinismo e pasou a refuxiarse en Checoslovaquia, onde obtivo a cátedra de Macroeconomía na Universidade de Praga. De volta a España, nos anos 60 fundou o Centro de Estudos Socioecolóxicos, dende o que axudou a formar a mocidade na economía ecolóxica. En 1984 foi un dos fundadores de Greenpeace España, onde desempeñou varios postos de responsabilidade. En 2004, o Consello da asociación nomeouno Presidente honorario.

Artemio foi un loitador incombustíbel que dedicou a súa vida á loita polos dereitos máis básicos das persoas e, en especial, ao medio ambiente. Coa concesión dos premios Artemio Precioso, Greenpeace España pretende honrar a memoria e os valores que compartiu con este destacado ecoloxista.

Ata agora, o premio recoñeceu o traballo e compromiso dos xornalistas Manuel Rivas e Gustavo Catalán, o profesor de economía Arcadi Oliveres, o debuxante Forges, a activista ambiental Berta Cáceres, a título póstumo, e a Dra. Jane Goodall.