Agradecémosche que nos visitases en https://es.greenpeace.org. Queremos que a túa experiencia no sitio web sexa o máis satisfactoria posíbel.

Para accederes aos nosos servizos, declaras que es maior de idade e que tes capacidade legal de obrar de acordo coa túa lei nacional.

O acceso e a navegación por https://es.greenpeace.org ou o uso dos seus servizos implican a aceptación expresa e íntegra de todas e cada unha das presentes Condicións Xerais, incluídas tanto as Condicións Particulares fixadas para certas promocións como a Política de Privacidade e Rastros, relativa ás finalidades dos tratamentos dos datos que nos proporciones. Por favor, recomendámosche que as leas atentamente.

1.- Información legal.

En cumprimento da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, os datos identificadores do titular do Portal Web son:

ASOCIACIÓN GREENPEACE ESPAÑA (en diante, GREENPEACE)

CIF: G28947653

Enderezo: C/ Valores nº1, 28015 (Madrid)

Contacto: info.es@greenpeace.org

Inscrita no Rexistro Mercantil de Asociacións, no Tomo 1, Folio 2307530 e os 6 seguintes, Folla núm. 54070

O acceso a https://es.greenpeace.org comporta a aceptación expresa por parte do Usuario das presentes Condicións Xerais de Uso, que poderán ser modificadas ou substituídas polo seu titular en calquera momento e sen previo aviso.

2.- Condicións xerais de uso.

As seguintes Condicións Xerais regulan o uso e o acceso ao portal Web, que ten por finalidade ser porta de entrada a
GREENPEACE, ofrecendo aos usuarios información, servizos e contidos vía Web. A través da páxina web, o Usuario ten acceso a información sobre produtos e servizos específicos, ferramentas e aplicacións.

O Usuario comprométese a facer un uso adecuado dos contidos, servizos, aplicacións e ferramentas que están accesíbeis, con subxección á Lei e ás presentes Condicións Xerais de Uso e, no seu caso, ás Condicións Particulares que poidan establecerse para o acceso a determinados servizos e aplicacións, respectando en todo momento os demais Usuarios.

En caso de incumprimento total ou parcial polo Usuario das presentes Condicións Xerais de Uso, GREENPEACE resérvase o dereito de denegar o acceso sen necesidade de aviso previo ao Usuario.

3.- Obrigas xerais do usuario.

O Usuario, ao aceptar as presentes Condicións Xerais de Uso, obrígase expresamente a:

- Non realizar ningunha acción destinada a prexudicar, bloquear, danar, inutilizar ou sobrecargar, de xeito temporal ou definitivo, as funcionalidades, as ferramentas, os contidos e/ou a infraestrutura da páxina web de maneira que impida a súa normal utilización.

- Custodiar e manter a confidencialidade das chaves de acceso asociadas co seu nome de Usuario, sendo responsábel da utilización das devanditas chaves de acceso persoais e intransferíbeis por parte de terceiros.

- Non introducir nin realizar contidos inxuriosos ou calumniosos, tanto doutros Usuarios como de terceiras empresas alleas a GREENPEACE.

- Non utilizar calquera dos materiais e informacións contidas neste Sitio Web con fins ilícitos e expresamente prohibidos nas presentes Condicións Xerais de Uso, así como nas condicións particulares que, no seu caso, se establezan para determinadas aplicacións e/ou utilidades e que resulten contrarios aos dereitos e intereses de GREENPEACE, dos seus usuarios e/ou de terceiros.

- Non ofertar nin distribuír produtos e servizos nin realizar publicidade ou comunicacións comerciais non solicitadas a outros Usuarios e visitantes de GREENPEACE.

O Usuario responderá por todos os danos e prexuízos de toda natureza que GREENPEACE ou calquera terceiro poida sufrir como consecuencia do incumprimento de calquera das obrigas ás que queda sometido en virtude destas “Condicións Xerais de Uso” ou da lei en relación co acceso e/ou utilización da páxina.

4.- Propiedade intelectual e industrial.

O sitio web, as páxinas que comprende e a información ou elementos contidos nelas (incluíndo textos, documentos, fotografías, debuxos e representacións gráficas, entre outros), así como logotipos, marcas, nomes comerciais ou outros signos distintivos, atópanse protexidos por dereitos de propiedade intelectual ou industrial dos que GREENPEACE é titular ou ostenta autorización para a súa utilización e comunicación pública dos lexítimos titulares delas.

O Usuario obrígase a usar os contidos de forma dilixente e correcta, de acordo coa lei, a moral e a orde pública. GREENPEACE autoriza o Usuario a visualizar a información contida neste sitio web, así como a efectuar reproducións privadas (simple actividade de descarga e almacenamento nos seus sistemas informáticos), sempre que os elementos sexan destinados unicamente ao uso persoal. En ningún caso isto significará unha autorización ou licenza sobre os dereitos de propiedade de GREENPEACE ou dos lexítimos titulares delas.

O Usuario non está autorizado para proceder á distribución, modificación, cesión nin comunicación pública da información contida nesta Web en calquera forma e calquera que sexa a súa finalidade.

5.- Ligazóns.

As conexións e ligazóns a sitios ou páxinas web de terceiros establecéronse unicamente como unha utilidade para o Usuario. GREENPEACE non é, en ningún caso, responsábel delas nin do seu contido.

GREENPEACE non asume ningunha responsabilidade derivada da existencia de ligazóns entre os contidos deste sitio e contidos situados fóra deste ou de calquera outra mención de contidos externos a este sitio. Tales ligazóns ou mencións teñen unha finalidade exclusivamente informativa e en ningún caso implican apoio, aprobación, comercialización ou relación ningunha entre GREENPEACE e as persoas ou entidades autoras e/ou xestoras de tales contidos ou titulares dos sitios onde se atopen.

Para realizar ligazóns coa páxina Web, será necesaria a autorización expresa e por escrito dos titulares do portal.

6.- Responsabilidade.

GREENPEACE non garante o acceso continuado nin a correcta visualización, descarga ou utilidade dos elementos e información contidos nas páxinas do portal, que poden verse impedidas, dificultadas ou interrompidas por factores ou circunstancias fóra do seu control ou alleas á súa vontade, nin daqueles que se produzan debido á existencia de virus informáticos en Internet.

GREENPEACE non asume responsabilidade ningunha por danos, prexuízos, perdas, reclamacións nin gastos producidos por:

(i) Interferencias, interrupcións, fallas, omisións, atrasos, bloqueos ou desconexións motivadas por erros nas liñas e redes de telecomunicacións ou por calquera outra causa allea ao control de GREENPEACE.

(ii) Intromisións ilexítimas mediante o uso de programas malignos de calquera tipo e a través de calquera medio de comunicación, tales como virus informáticos ou calquera outro.

(iii) Uso indebido ou inadecuado da páxina web de GREENPEACE.

(iv) Erros de seguridade ou navegación producidos por un mal funcionamento do navegador ou polo uso de versións non actualizadas.

GREENPEACE non é responsábel nin en ningún caso responderá fronte aos usuarios nin fronte a terceiros sobre actos de calquera terceiro alleo a GREENPEACE que comporten ou poidan comportar a realización de actos de competencia desleal e publicidade ilícita ou a infracción dos dereitos de propiedade intelectual e industrial, dos segredos empresariais, de compromisos contractuais de calquera clase, dos dereitos á honra, á intimidade persoal e familiar e á imaxe, dos dereitos de propiedade e de toda outra natureza pertencentes a un terceiro por razón da transmisión, difusión, almacenamento, posta a disposición, recepción, obtención ou acceso aos contidos.

7.- Protección de datos de carácter persoal.

Podes atopar toda a política de tratamento de datos persoais na Política de Privacidade, que forma parte integrante destas Condicións Xerais pero que, por simplicidade, puxemos nun documento á parte: Política de Privacidade.

8.- Lexislación.

O presente Aviso Legal e os seus termos e condicións rexeranse e interpretaranse de acordo coa Lexislación Española. O usuario, polo feito de acceder á páxina web ou obter a condición de usuario rexistrado, outorga de xeito irrevogábel o seu consentimento a que os Tribunais competentes por defecto poidan ter coñecemento de calquera acción xudicial derivada de ou relacionada coas presentes condicións ou co seu uso deste Sitio ou a navegación realizada por el. Se algunha cláusula ou apartado das presentes Condicións Xerais, que non sexa de natureza esencial para a existencia do mesmo, se declara nula ou inaplicábel, a validez das restantes cláusulas non se verá afectada.