É verdade que a enerxía nuclear é barata?


Falso. É unha enerxía moi cara. Ademais dos elevados investimentos iniciais que precisan de apoio estatal, tal e como se amosou recentemente no caso do proxecto do Reino Unido, non se inclúen todos os custos da xestión dos residuos e do desmantelamento; tampouco están incluídos todos os custos dos seguros de responsabilidade no caso de accidente; os custos de actualización das medidas de seguridade poden motivar o seu peche por falla de rendibilidade, mesmo malia teren completamente amortizada a instalación; e por último, en caso de accidente nuclear, os custos son incalculábeis.

Boa proba disto é o caso de Garoña, unha central nuclear que, coas súas instalacións amortizadas e sen ter que realizar investimentos en seguridade, pechou en 2012 por motivos económicos.

Non hai que confundirse porque a enerxía nuclear se oferte a prezo cero no mercado grosista, por cuestións técnicas, pero os seus custos non teñen nada que ver con este prezo de oferta. O prezo final que realmente recibe é o mesmo que calquera outra fonte de enerxía.