Ata canto podo deducir da miña Declaración da Renda (IRPF)?

Somos unha organización de utilidade pública, o que significa que podes desgravar o 75 % dos 150 primeiros euros da túa achega. Para os cartos achegados que excedan desa cantidade, a dedución chega ao 30 %. Se doaches unha cantidade igual ou superior a Greenpeace durante os dous exercicios anteriores, esta porcentaxe da dedución increméntase ata un 35 %. Hai que ter en conta que o límite máximo de dedución está fixado no 10 % da base liquidábel do IRPF.