Tendes información sobre contaminación electromagnética?

Malia que desde Greenpeace actualmente non se traballa en ningunha campaña sobre este tema, si que dispoñemos de certa información.

O impacto sobre a saúde dos campos electromagnéticos (CEM) que xeran as liñas de alta, media e baixa tensión é un problema sobre o que se verten grandes dúbidas e que é moi discutido nos circuítos científicos.

Á marxe da controversia científica, existe o problema social que supón a presenza de liñas eléctricas próximas a vivendas humanas, como é o caso dalgúns municipios en toda a Península.

Neste tema, como en moitos outros casos, deberíase aplicar o principio de precaución. Se existe unha dúbida razoábel sobre que os CEM producidos por liñas eléctricas provocan impactos negativos sobre a saúde, convén actuar en consecuencia e tomar medidas que eviten o problema.

Na actualidade hai bastante polémica ao respecto e creáronse plataformas cidadás.