XUNTA DIRECTIVA

Á Xunta Directiva correspóndelle a dirección estratéxica e política da Asociación. Ademais, de acordo coa Dirección Executiva, establece as prioridades e obxectivos anuais e controla o seu cumprimento.

Composición

A Xunta Directiva componse dun máximo de sete persoas que deciden quen ocupará a presidencia, vicepresidencias, secretaría, tesourería e vogalías.

As atribucións da Xunta Directiva, segundo os Estatutos, son: a dirección estratéxica e política da Asociación; seleccionar, contratar e despedir a Dirección Executiva; acordar coa Dirección Executiva prioridades e obxectivos anuais, así como controlar o seu cumprimento; convocar Asembleas do Consello e aprobar anualmente o Plan de Traballo.

Francesc Simó Espert
Presidente

Barcelonés. Traballou como fotoxornalista durante quince anos para varios medios, incluíndo a Axencia EFE, o Diari de Barcelona ou Mundo Deportivo. Foi Director de Fotografía dos Xogos Olímpicos de Barcelona’92 e profesor de fotoxornalismo e fotografía deportiva na Universidade Politécnica de Cataluña.

Tamén exerceu de Online Content Manager nunha empresa de contidos de Internet, director de comunicación nunha empresa do sector textil e xestor dunha entidade empresarial comarcal.

Francesc fíxose socio de Greenpeace en 1987, impresionado polas imaxes e presentacións públicas da organización. É membro da Xunta dende 2018. Os seus intereses orbitan en torno á súa familia, o medio ambiente e a enerxía, a ciencia e a astronáutica, a agricultura rexenerativa, o coidado da súa horta e o sentido do humor.

Mª José Gómez Donat
Vicepresidenta

Bióloga de La Font de la Figuera (Valencia), actualmente traballa na Conselleria de Agricultura da Generalitat Valenciana.

Ten formación complementaria en microbioloxía de augas e alimentos pola Universidad de Salamanca e en creación de modelos en ecoloxía e xestión de recursos naturais pola Universidad Politécnica de Cataluña.

É voluntaria e socia de Greenpeace dende 1985 e colabora con outras organizacións, coma a asociación Natura Viva, da que é presidenta. Dedica o seu tempo á recuperación de animais desprotexidos e orfos, ademais de á recuperación e estudos do cirrio.

Elixida para a Xunta de Greenpeace en marzo de 2021, María José era consciente de que chegara o seu momento de aportar máis á organización: “A miña loita sempre foi conseguir un ambiente saudábel para as persoas e conseguir un benestar animal dentro da complexidade da biodiversidade que nos rodea. Conseguir esta estabilidade é o meu reto e a miña gran paixón”.

Sonia Rubio Hernando
Vicepresidenta Segunda

Sonia é enxeñeira de telecomunicacións e desenvolveu a súa carreira deseñando sistemas informáticos e xestionando os equipos que os implantan. Na actualidade, traballa nunha empresa que ofrece sistemas con servizos meteorolóxicos e climáticos orientados, fundamentalmente, á protección civil.

É socia de Greenpeace España dende 1986, conselleira dende 1996, foi voluntaria e pertenceu en dúas ocasións anteriores á Xunta Directiva, primeiro como vicepresidenta e despois como presidenta.

É patroa e voluntaria dunha pequena organización de colaboración con mulleres, nenas e nenos en Etiopía, de onde son os seus tres fillos.

A súa motivación principal é amosar como o sobreconsumo e o modo de vida de Occidente afecta o resto das persoas e a vida do planeta, xerando destrución, dor e desigualdade e poñendo en perigo o futuro de todas.

Jan Ernst Kraft
Secretario

Nado en Berlín (Alemaña), Jan estivo dende a súa xuventude sensibilizado en temas de medio ambiente, paz e dereitos humanos. Na súa adolescencia asociouse a Greenpeace Alemaña e foi voluntario de BUND, unha das organizacións medioambientais máis importantes do país. En 1997, despois de rematar a carreira de Bioloxía, trasladouse a Pamplona, onde actualmente traballa de profesor de alemán. É socio de Greenpeace España dende 2001, voluntario do grupo local de Pamplona-Iruñea dende 2010 e membro da Xunta dende 2018.

Considérase un entusiasta do traballo de Greenpeace, que incide nas raíces dos problemas que comporta o noso modelo socioeconómico. Para Jan, a loita polo ambiente natural vai unida á xustiza social e os dereitos humanos. Dende 2007 é pai dunha filla, o seu meirande pulo para seguir a traballar por un futuro verde e en paz.

María Villanueva Vico
Tesoureira

Licenciada en C.C. Económicas e Empresariais, especialidade de Auditoría e Máster en Asesoría Fiscal. Desenvolveu a súa carreira profesional como consultora e responsábel fiscal e de finanzas en diferentes empresas dende hai vinte e cinco anos.

Socia de Greenpeace dende 1992, antes de entrar a formar parte da Xunta Directiva, María colaborou como voluntaria en diferentes campañas e grupos de traballo de Greenpeace. En 2021 foi escollida para formar parte da Xunta Directiva da organización.

María está especialmente preocupada pola falla de políticas de xestión de refugallos e concienciación da poboación sobre o nefasto efecto do “usar e desbotar” e, sobre todo, o seu impacto na degradación dos océanos e zonas consideradas virxes ata hai unhas décadas.

Desirée Knoppen
Vocal

Nada en Holanda, residente en España dende 2002. Doutora en Ciencias Empresariais e Enxeñeira Industrial. Profesora e directora do departamento académico en EADA Business School, Barcelona. Centra a súa investigación no papel da empresa na transición cara a unha sociedade máis sostíbel, publicando en revistas como Business Strategy and the Environment, Environmental Science and Policy ou Journal of Business Research. Antes de entrar na academia, traballou como consultora de empresas en diversos países (Holanda, Colombia, México, España) e como responsábel de planificación de Ventas e Operacións nunha empresa farmacéutica (México).

Desirée consolidou a súa fascinación polo noso entorno natural e a (bio)diversidade durante a súa estancia en América Latina durante uns cinco anos. Unha vez aterrada en España, fíxose socia de Greenpeace, admirando o seu poder de comunicación e influencia. Entrou no consello en 2020 e na xunta directiva en marzo de 2022. Preocúpalle por riba de todo o noso modelo socioeconómico, incluíndo os ciclos de produción e consumo e os cambios radicais requiridos para permitir unha sociedade máis sostíbel.

Ernest Escudé Mas
Vocal

Ernest é barcelonés e Enxeñeiro de Telecomunicacións pola UPC. Traballou durante gran parte da súa vida profesional (35 años) no sector das Tecnoloxías da Información e Comunicación en múltiples empresas e cargos. Levado pola súa necesidade de ser máis útil á sociedade, creou a súa propia empresa dedicada á eficiencia enerxética e á mellora da xestión do ciclo da auga, especialmente dende o punto de vista medioambiental.

Actualmente, ademais da dedicación á familia e amigos, reparte o seu tempo entre as súas afeccións, como a música e a bicicleta de montaña, e a participación noutras organizacións sen ánimo de lucro, como unha cooperativa provedora de enerxía, actividades medioambientais no eido local e a súa dedicación a Greenpeace como Conselleiro dende 2019 e como integrante da Xunta dende 2022.

Polo seu perfil profesional é coñecedor da problemática que comporta o actual modelo enerxético, e ten especial preocupación pola deriva do modelo actual económico social a nivel mundial e polo mundo que poidamos deixar aos nosos netos.