Para esta viaxe, a improvisada tripulación rebautizou o barco cun novo nome, que resumía a filosofía do grupo: “queremos paz e queremos que sexa verde”. Deste xeito tan espontáneo naceu Greenpeace.
En 1971, un grupo de activistas antinucleares canadenses embarcaron a bordo do vello pesqueiro Phyllis Cormack para protestaren contra as probas nucleares que Estados Unidos estaba a levar a cabo no arquipélago de Amchitka, en Alasca. O seu obxectivo: impediren que a bomba fose detonada colocándose no centro da zona de probas.
Como acción directa, a expedición a Amchitka non saiu como se esperaba. Porén, como estratexia de campaña resultou un éxito extraordinario. Un ano despois, os Estados Unidos víronse forzados a anunciar que deterían as probas nucleares na zona. Amchitka é dende entón unha reserva ornitolóxica.
Los orígenes
Unha viaxe pola vida e pola paz
Irving Stowe
Cofundador de Greenpeace
As persoas que fundaron o comité Don’t Make A Wave, que máis tarde se convertería en Greenpeace, e que formaron parte dos primeiros pasos de Greenpeace foron Dorothy e Irving Stowe, Marie e Jim Bohlen, Ben e Dorothy Metcalfe, Bob e Zoe Hunter e un estudante chamado Paul Cote.
En España
Todo comezou en 1982. Malia non existir a organización legalmente, realizouse a primeira acción pacífica de Greenpeace en España.
A bordo dun pequeno pesqueiro, un grupo de activistas impediu a vertedura de bidóns radioactivos dun mercante holandés a 500 quilómetros da costa galega.
O Goberno holandés parou a vertedura de residuos nucleares ao mar.
Por fin, en 1984, naceu formalmente Greenpeace España, inaugurando unha pequena oficina no centro de Madrid. Cumprimos máis de 30 años de traballo con importantes vitorias medioambientais. Entre os nosos principais logros está o peche da central nuclear de Zorita, a prohibición da pesca con redes de deriva, o protocolo de Quioto, a prohibición de minas antipersoais e bombas de acio, conseguir que España sexa un dos tres países no mundo con meirande aproveitamento de renovábeis, o espertar da conciencia para actuar contra o cambio climático e para protexer o Ártico ou a declaración de ilegalidade do hotel Algarrobico.
Cumprimos 50 anos!
Greenpeace é unha historia de esperanza en acción: persoas que cren nun futuro verde e pacífico e que están dispostas a actuar para se aseguraren de que así sexa.
Grazas ás decenas de millóns de persoas voluntarias, socias, activistas e simpatizantes que nos acompañan, cren e viven nun mundo máis verde e en paz. Aquí contamos a historia de todas:
Vitorias
Denégase investigar a viabilidade do uso de augas subterráneas na macrogranxa de Noviercas
A Comisión Europea presenta unha lei contra a deforestación
62 países piden un Tratado Global dos Océanos
As centrais térmicas de carbón pecharán en España antes de 2025
195 países asinan o Acordo climático de París
A Junta de Andalucía anuncia que derrubará o hotel do Algarrobico
Prohíbese a pesca con redes de deriva
España deixa de fabricar bombas de acio