Durante os últimos 30 anos, a área total de xeo mariño Ártico diminuíu no verán. Isto non só provoca cambios importantes nos ecosistemas locais do Ártico, senón que tamén afecta os sistemas climáticos de todo o mundo.

O grosor do xeo ártico diminuíu un
40 %
nos últimos 30 anos.
O nivel do mar aumentou
19 cm
dende 1901.
A partir dun aumento de
2ºC
na temperatura media global, os peores efectos do cambio climático comezarán a ser patentes.

Malia os esforzos científicos por comprender os cambios climáticos desta afastada rexión, a investigación está aínda moi pouco avanzada. Porén, hai indicios que sinalan a existencia dunha relación entre a perda do manto de xeo ártico e o cambio nos patróns de circulación atmosférica, a circulación oceánica e os gradientes térmicos do hemisferio norte. É difícil establecer que efectos terán estes cambios, pero aqueles anos nos que o Ártico foi especialmente cálido observáronse patróns meteorolóxicos persistentes e anómalos. Conforme o Ártico se quente e o xeo retroceda, os mecanismos de retroalimentación, entre eles unha menor capacidade de reflexión do xeo (albedo) e a liberación dos perigosos gases de efecto invernadoiro do seu longo almacenamento no permafrost (a capa do solo permanentemente conxelada), provocarán un aumento do cambio climático mundial.

Os anos nos que o Ártico foi especialmente cálido, observáronse patróns meteorolóxicos persistentes e anómalos.
É probábel que os episodios meteorolóxicos extremos sexan máis comúns no futuro: haberá meirandes probabilidades de sufrir vagas de calor, alagamentos e temporais moi intensos.

Tanto os estudos de observación como os de modelado indican que a medida que vaia desaparecendo o xeo terrestre ártico (o dos glaciares), é probábel que suba o nivel do mar e cambien os patróns climáticos do hemisferio norte. Os efectos probabelmente varíen segundo a zona xeográfica: algunhas sufrirán veráns máis cálidos e secos, outras terán veráns máis chuviosos, mentres que noutras os invernos serán máis fríos e haberá máis tormentas. É probábel que o cambio nos patróns de circulación atmosférica, entre eles un cambio na traxectoria da corrente do Golfo, así como un “bloqueo” das ondas atmosféricas planetarias, contribúan a estes cambios climáticos extremos. Igualmente, é probábel que os episodios meteorolóxicos extremos sexan máis comúns no futuro: haberá meirandes probabilidades de sufrir vagas de calor, alagamentos e temporais moi intensos.

As seguintes imaxes simulan como afectaría o desxeo do Ártico en distintas zonas do planeta:

Sevilla, España

Miami, Estados Unidos

Lago Inari, Finlandia

Gran Muralla China

Londres, Reino Unido

Sueste asiático