As baleas son animais fascinantes, intelixentes e con comportamentos sociais moi complexos sobre os que estamos comezando a saber máis. Porén, seguen a ser decimadas dende hai máis de catro séculos.
No último século
3 millóns
de baleas morreron pola caza
As baleas cincentas viaxan
20.000 quilómetros
dende México ata Alasca
A observación de cetáceos xera
2.000 millóns $
cada ano a nivel mundial en 119 países distintos, con 13 millóns de espectadores

O problema

No século XX estiveron a piques de desaparecer debido ao desenvolvemento dunha voraz industria baleeira que as fixo vítimas dunha persecución implacábel. A isto súmanse os impactos do cambio climático, a contaminación das augas e polos plásticos, a sobreexplotación pesqueira e o tráfico marítimo.

Malia que en 1986 se prohibiu a súa captura comercial en todos os países membros da Comisión Baleeira Internacional (CBI), algúns deles, como Xapón, Islandia ou Noruega seguen a cazalas, argumentando fins científicos e culturais.

Os seus ritmos de reprodución lentos e o feito de que todas as súas poboacións se visen seriamente reducidas, se non case extintas, converte a protección destes animais nunha prioridade para Greenpeace.

A solución

A solución global pasa por poñer fin a calquera tipo de caza comercial de baleas e crear santuarios mariños. Ademais, hai que loitar contra o cambio climático, a sobrepesca e a contaminación, que tamén lles afectan. A creación de santuarios é unha ferramenta de xestión moi importante para estes animais, e as Nacións Unidas teñen unha oportunidade única para crearen un tratado dos océanos que protexa as augas internacionais e axude a estes animais marabillosos.

Ao protexermos as baleas, estamos protexendo moitas outras especies, xa que se atopan no alto da pirámide trófica. Os mares ben conservados son mares ricos en baleas e golfiños. Ademais, as baleas e o turismo desenvolvido ao seu redor, como a observación de cetáceos, convertéronse nun dos principais ingresos económicos en moitos países e xera meirandes beneficios económicos cá caza comercial.

«As baleas son os animais máis grandes que xamais existiron, pero a súa caza indiscriminada levounas ao bordo da extinción»
Gaviotas vuelan sobre el lomo de una ballena cerca de la isla del Oso, en Noruega Una manada de orcas nada en Kvaloya Sound, cerca de la ciudad ártica de Tromso. Ballena jorobada muestra su cola mientras se alimentan cerca del borde del hielo antártico en el Océano Austral.

Que está a facer Greenpeace

Greenpeace loita para buscar un novo modelo enerxético que free o cambio climático, que afecta aos ecosistemas oceánicos ao flutuar a temperatura dos mares, o que ten impacto sobre as cadeas alimentarias canto á cantidade e diversidade de especies, pois provoca a súa dispersión. Así, as baleas poden enfrontarse á escaseza de alimento por non atoparen suficiente cantidade das especies que usualmente consumen ou simplemente por non as atoparen nas áreas ás que habitualmente acoden para alimentarse.

Ademais, Greenpeace está a traballar para a creación dun tratado Internacional dos océanos que protexa os mares do mundo. A protección de espazos mariños como o mar de Weddell na Antártida ou o mar de Alborán ao sur da Península Ibérica contribuirá á protección destes animais.

Os seus ritmos de reprodución lentos e o feito de que todas as súas poboacións se visen seriamente reducidas, se non case extintas, converte a protección destes animais nunha prioridade para Greenpeace.

Greenpeace traballa tamén para que a CBI se encargue da conservación destes grandes mamíferos e colla as rendas da protección e creación de santuarios mariños para as baleas.

Igualmente, Greenpeace si acepta a caza de subsistencia, permitida pola CBI para as comunidades indíxenas de Dinamarca, Rusia ou Alasca. Os obxectivos que persigue esta caza son moi distintos dos da comercial:

  • Asegurar que non aumenten seriamente os riscos de extinción.
  • Permitir a captura a perpetuidade axeitada ás necesidades culturais e de nutrición.
  • Manter poboacións con niveis de reprodución bioloxicamente sostíbeis