Greenpeace é unha organización medioambiental global que consta de Greenpeace Internacional e de oficinas nacionais e rexionais en 55 países. Estas oficinas realizan de xeito independente as estratexias globais de campaña dentro do seu contexto local e procuran o apoio financeiro necesario de socios/as e doadores/as para financiar este traballo.
Para garantir unha axeitada coordinación, existe unha oficina internacional en Ámsterdam que traballa en estreita colaboración coas 55 oficinas nacionais e cos barcos, parte fundamental da organización.
Dentro da estrutura de Greenpeace, estableceuse un mecanismo de toma de decisións no que teñen participación distintos sectores da organización, o que permite tomar decisións consensuais e rápidas e evitar que ningunha persoa ou sector de Greenpeace poida tomar decisións unilaterais que non estean avaladas pola maioría da organización.
A estrutura interna de Greenpeace España está formada por:
Consello
É o máximo órgano de decisión de Greenpeace España e está constituído por 75 representantes dos socios e socias: 60 elixidos por votación directa e 15 polo Consello saínte.
Ler máisDocumentos
Greenpeace España está constituída como asociación. O seu funcionamento réxese polos Estatutos, que están rexistrados no Rexistro Nacional de Asociacións, e polo Acordo Bilateral con Greenpeace Internacional.
Os Estatutos de Greenpeace España (GPE)
Os Estatutos, ademais de cumprir coa lexislación que regula o dereito de asociación en España, teñen en conta os criterios organizativos adoptados por Greenpeace Internacional a nivel global, recollidos no Governance Handbook. A última reforma dos Estatutos foi aprobada polo Consello o 18 de diciembre de 2021.
Regulamento de Funcionamento Interno de Greenpeace España
Foi elaborado por un grupo de traballo constituído ao efecto no seo do Consello de Greenpeace España. A última versión foi aprobada na Asemblea deste consello, o 5 de marzo de 2016.
Marco Estratéxico 2024-2026
O Marco Estratéxico define as directrices de traballo da organización durante os vindeiros tres anos. Transformar o modelo socioeconómico, afrontar a emerxencia climática e a perda de biodiversidade son as nosas prioridades.