España é un dos países da Unión Europea máis afectados polos incendios forestais, un problema que ameaza con se intensificar debido aos efectos do cambio climático.

En
2022
xa arderon máis de 300.000 hectáreas e contabilízanse 54 Grandes Lumes Forestais.
2022
é o peor ano en termos de lumes e superficie queimada, superando os de 2012, cando arderon 218.956 hectáreas en todo o ano.
En máis dun
96 %
dos incendios con causa coñecida en España, o lume é ocasionado polo ser humano.
Incendio en la Sierra da Estrela, Portugal Un bombero da indicaciones mientras las llamas del fuego devoran un bosque tras él.

O problema

O lume é un elemento natural que o noso ecosistema precisa para a rexeneración de bosques e montes, pois proporciona estratexias de rebrote e xerminación tralo seu paso. Porén, deixou de ser unha perturbación natural que modela a paisaxe para se converter nunha terríbel ameaza que en máis dun 96 % dos incendios de causa coñecida en España está ocasionada polo ser humano.

A extinción non resolve o problema; cómpre investir en prevención. En 2017, o 63 % dos incendios producidos quedaron en menos dunha hectárea afectada. Isto débese a que a extinción dos incendios faise con éxito; porén, cada vez hai máis grandes lumes forestais (GLF), que calcinan áreas superiores a 500 hectáreas. Son incendios de altísima gravidade, con persoas falecidas, desaloxos masivos, perdas de bens e milleiros de hectáreas calcinadas. Son lumes de altísima gravidade, con persoas falecidas, desaloxamentos masivos e milleiros de hectáreas calcinadas. En menos incendios quéimanse máis hectáreas. Os 56 grandes lumes forestais de 2017 foron responsábeis da destrución de case un 55 % das hectáreas queimadas ese ano.

É fundamental actuar tanto sobre as causas que orixinan os lumes como sobre as que os espallan. Do contrario, independentemente de como se orixinase, haberá un incendio difícil de controlar.

O fenómeno dos incendios forestais converteuse nun dos meirandes problemas ambientais que sofren os nosos montes debido á elevada frecuencia e intensidade que adquiriu nas últimas décadas.

Estes incendios son a punta do iceberg da situación dos nosos bosques e do cambio climático. Son o resultado dun cóctel de causas:

  • Cambio climático. As vagas de calor fan que o monte teña estrés hídrico e sexa máis vulnerábel aos incendios. O resultado é unha paisaxe seca, continuada e inflamábel. Un incendio nesta paisaxe, ao ter vexetación continuada, será rápido e devastador.
  • Conversión en matogueiras das masas forestais, propia do éxodo do medio rural.
  • Vivendas no monte (interface urbano-forestal). A xestión urbanística non tivo nin ten en conta o risco de incendio forestal, atopándose urbanizacións, vivendas e infraestruturas en zonas de alto risco que son indefendíbeis e que non están preparadas para previr nin mitigar os impactos dos incendios forestais. A poboación que vive no medio natural non ten percepción do risco e non coñece os seus deberes e responsabilidades en materia de prevención e autoprotección dos seus bens. Dáse prioridade a salvar casas baleiras e infraestruturas por riba do bosque, mesmo cando as persoas propietarias destes bens non elaboraron plans de autoprotección.

Ademais de España, outros países de clima mediterráneo como Portugal, Grecia, o sur de Francia ou Italia tamén os sofren especialmente. Malia ser un problema de primeira orde, non existe unha política forestal europea.

 

A solución

O problema dos incendios forestais é complexo, polo que as solucións deben apuntar cara a diferentes direccións. Hai que facer fronte ás causas para previr as consecuencias:

Para reducir a sinistralidade, é fundamental que a poboación tome conciencia do risco e extreme as precaucións e que se procuren alternativas ao uso do lume. Por outra banda, cómpre facer un meirande esforzo na persecución das persoas que queiman o monte.

Para facer fronte ás causas que propagan o lume, é imprescindíbel mellorar a xestión forestal e os plans preventivos.

Unha das actuacións máis efectivas que propoñemos é modificar a paisaxe que contorna as zonas forestais onde se insiren vivendas para dotala de condicións menos propicias para a propagación virulenta dun lume forestal, sempre tendo en conta o funcionamento dos ecosistemas e a necesidade de respectar a diversidade estrutural do bosque. Resulta fundamental desenvolver modelos silvícolas (é dicir, de xestión das masas forestais) que teñan en conta o cambio climático e que, ademais de imitar o máximo posíbel o funcionamento da natureza, favorezan a diversidade xenética e reduzan a densidade de arborado. Só deste xeito garantiremos poder dispor dunha contorna forestal sa, resistente non só aos lumes, senón tamén a outras ameazas como pragas ou doenzas.

A planificación urbanística ten que ter en conta o risco de incendio, de maneira que se limite certo tipo de urbanizacións que son moi vulnerábeis ao lume e que supoñen un risco para a poboación e para os nosos bosques.

Ademais, as administracións teñen que establecer campañas de extinción de incendios que non estean ligadas á época estival. Dese xeito, evitaríanse as decisións de última hora promovidas por unha meteoroloxía imprevisíbel e fomentaríase a estabilidade laboral no sector forestal, evitando que as contratacións se centren só nos meses de meirande risco de incendio. Os servizos operativos non son infindos nin omnipresentes e os incendios de alta intensidade supoñen riscos e perigos engadidos.

Un bombero da indicaciones mientras tratan de apagar las llamas del fuego en el incendio de Montserrat, en las proximidades de Valencia Bomberos forestales en el incendio de Ejulve, en la provincia de Teruel, Aragón

Que está a facer Greenpeace

Traballamos para incidir na necesidade de solucións ao risco de ignición e propagación afastadas das repetidas falsidades sobre piromanía e terrorismo ambiental. Enfocamos a realidade dos incendios forestais para xerar discursos que se traduzan en accións.

Vencellamos o éxodo rural coa nova era de incendios forestais. Greenpeace calculou catro millóns de hectáreas de cultivos abandonados que se transformaron en masas vulnerábeis que agravan o risco de lume forestal.

Consideramos que os lumes forestais, especialmente en áreas onde hai vivendas, son unha responsabilidade compartida entre os poderes públicos e a sociedade civil. Por isto, traballamos para pedir unha planificación dos incendios antes e durante a emerxencia (prevención, emerxencias e autoprotección), como marcan a Lei de Montes e a Directriz Básica de Planificación de Protección Civil de Emerxencia por Incendios Forestais. Por isto, demandamos:

  • En prevención. Establecer plans preventivos en zonas de alto risco de incendio (zonas ZAR), tal e como marca a Lei de Montes. Só cinco comunidades teñen plans, pero son escasos e non se garante a súa implantación.
  • En emerxencias. Establecer plans de emerxencia en zonas de risco, tal e como marca a Directriz Básica de Protección Civil. Actualmente, un 80 % dos concellos en zonas de risco non teñen plan de emerxencias.
  • En autoprotección. Non se cumpre a Directriz Básica de Protección Civil que obriga as persoas propietarias das vivendas en zonas de risco a teren plans de autoprotección. Son practicamente simbólicos.

Tamén traballamos para promover un cambio de mentalidade de xeito que a poboación perciba o risco, asuma a súa responsabilidade e se organice para previr e mitigar os incendios.

Que podes facer ti?

Protéxete dos lumes. Se a túa casa está preto dunha masa forestal, coa nosa Calculadora de risco de incendios podes avaliar o risco e tomar medidas.

Súmate a Greenpeace! Forma parte da nosa organización para seguirmos demandando ás administracións que tomen medidas para unha prevención efectiva dos grandes incendios forestais. Preme aquí para te unires a Greenpeace!</