Sabías que o ar que respiras e a comida que inxires a diario conteñen substancias tóxicas?

No noso sangue hai
300 substancias químicas
contaminantes que non tiñan os nosos avós
A contaminación atmosférica provoca
33.000 mortes
prematuras en España ao ano
Cada ano, uns
8 millóns
de toneladas de plásticos acaban no mar
Niños jugando con las cenizas tóxicas en el agua procedentes de la central térmica de Bhusawal, en la India Un pájaro afectado por el vertido de petróleo en el bosque de manglares de Sundarbans, Bangladesh Flujo de aguas residuales de una tubería de descarga en China

O problema

Hoxe en día, moitos dos produtos que consumimos e as industrias que os producen xeran contaminación, xa sexa directa, pola súa produción, ou indirecta, pola súa degradación no medio ambiente (como por exemplo os plásticos). Encontramos substancias contaminantes no ar que respiramos, na nosa comida, na nosa roupa e cosméticos… Ademais, o contaminante plástico asolagou literalmente as nosas vidas. Cada vez é máis evidente a relación entre o actual modelo económico e de produción e os impactos sobre a saúde e o medio ambiente.

Convivimos a diario coa contaminación atmosférica, debida ao tráfico e ás emisións das industrias. A contaminación atmosférica é responsábel dun elevado número de mortes prematuras e enfermidades respiratorias nas nosas cidades.

En só unhas décadas, o plástico pasou a estar presente en todo tipo de obxectos e materiais polas súas características e baixo prezo. E, igual cá súa produción, o aumento de residuos de plástico incrementouse de forma dramática. O plástico dana a vida mariña e incorpórase á cadea alimentaria.

O modelo predominante de produción de alimentos impide que poidamos controlar tanto a súa produción como o seu consumo. Unha das consecuencias deste modelo é o uso de praguicidas tóxicos na agricultura industrial, que ten efectos nocivos sobre a nosa saúde e sobre a doutros seres vivos tan importantes coma as abellas. A produción de alimentos a nivel mundial e a biodiversidade terrestre dependen en grande medida da polinización, un proceso natural realizado por insectos como as abellas, que permite que se fecunden as flores e dean así froitos e sementes.

A solución

A solución para paliar en grande medida a contaminación que estamos a sufrir está ao noso alcance.

A contaminación atmosférica pode combaterse de xeito efectivo mellorando o modelo de mobilidade nas nosas cidades para facelas máis sas e sostíbeis. Tamén cómpre fixar límites para a emisión de substancias contaminantes por parte das industrias.

A redución no consumo e produción de plásticos dun só uso é prioritaria e urxente. Ademais, é responsabilidade de todos e todas, tanto de quen fabrica o produto como de quen o consume, así como das administracións que xestionan os residuos.

É preciso un cambio no modelo de produción de alimentos. Faise necesario e urxente acabar co modelo de agricultura industrial, amante dos praguicidas tóxicos, e apostar pola agricultura ecolóxica como única vía para unha produción sa e sostíbel. O primeiro paso é prohibir os produtos ctualmente en uso que son tóxicos para as abellas a e facer que a avaliación de riscos dos praguicidas sexa moito máis estrita.

Una mujer sostiene muestras de nieve para examinar la presencia de tóxicos en la ropa de montaña durante la expedición a Treriksroset, el punto en el que se unen las fronteras de Suecia, Noruega y Finlandia. Activistas de Greenpeace toman muestras de agua que se analizarán en un laboratorio para determinar la presencia de sulfato. Un activista de Greenpeace frente al Duomo de Milán lleva un traje en el que se puede leer 'Detox Now'

Que está a facer Greenpeace

En Greenpeace traballamos o problema da contaminación dende todas as súas variantes:

Contaminación atmosférica:

  • Traballamos con máis dunha ducia de concellos para que adopten plans de mobilidade sostíbel que reduzan a contaminación nas cidades.
  • Reclamamos aos gobernos europeos que endurezan as medidas para que as industrias reduzan a emisión de substancias contaminantes á atmosfera.

Contaminación por plásticos:

  • Pedimos que se establezan as medidas necesarias para eliminar os obxectos de plástico dun só uso (bolsas, cubertos, pallas para beber…).
  • Queremos conseguir que o Goberno acabe co abandono de envases e garanta a súa correcta reciclaxe.
  • É preciso que entren en funcionamento medidas baseadas na economía circular, apostando pola reutilización das materias primas e por novos materiais con menor impacto ambiental.
  • Loitamos para que se prohiba o uso de microesferas de plástico.

Contaminación na alimentación:

  • Apoiamos a agricultura ecolóxica de xeito decidido e urxente.
  • Traballamos para que se prohiban os praguicidas tóxicos que son prexudiciais para as abellas, o medio ambiente e a nosa saúde.