A reciclaxe non é suficiente para pór fin á contaminación por plásticos. Precisamos un cambio de modelo de xestión de refugallos urxente.
O problema
Por moito que Ecoembes e as grandes marcas nos fagan crer, reciclar non vai resolver o enorme problema que temos co plástico. A reciclaxe por si soa, malia ser necesaria, non é a solución total que nos están a vender.
Existen importantes ineficiencias do sistema de xestión de refugallos. Depositar os envases no colector correspondente non é unha garantía de reciclaxe. Ademais, non é posíbel reciclar o plástico ao 100 % e moitos envases, como por exemplo os que miden menos de 10 cm ou os que conteñen PVC, non se están a recuperar. Tampouco se recupera todo o material dos envases brick.
A cidadanía fai a súa parte e separa os seus refugallos no contedor correspondente, pero as empresas envasadoras seguen sin ofrecer solucións reais ao problema. Namentres, os nosos mares, as nosas montañas ou os nosos ríos seguen a encherse de plástico nunha contaminación sen fin que está a afogar o planeta.
A solución
A solución a este problema é clara: apostar pola reutilización de envases. Por que reciclar unha botella cando se podería volver usar? Precisamos un cambio radical no sistema de xestión de refugallos. Estas son as nosas demandas:
- Cambiar os hábitos de consumo que favorezan a fin do modelo de usar e desbotar.
- Potenciar a reutilización a través da implantación dun novo sistema de devolución e retorno de envases (SDDR).
- Fomentar a compra a granel e os envases reenchíbeis.
- Non desbaldir recursos, senón usar só os estritamente necesarios, dar durabilidade e bo uso ás cousas que temos e recompoñer as que se estraguen.
É preciso que tanto as administracións como as empresas se involucren e faciliten estes cambios, con leis e con cambios nos seus negocios. A responsabilidade de deter a contaminación plástica xerada polo usar e desbotar está nas súas mans.
Que está a facer Greenpeace
En Greenpeace levamos anos denunciando a contaminación por plásticos e o seu impacto no medio ambiente. Puxemos sobre a mesa as malas prácticas das empresas produtoras, pero tamén de Ecoembes, principal culpábel de que en España non conseguísemos atallar este problema.
Na actualidade estamos a facer presión para que a nova lei de refugallos que se está a tramitar inclúa o sistema de devolución e retorno de envases (SDDR) para poder recuperalos o mellor e máis eficazmente posíbel e potenciar así a reutilización. Porque disto depende a vida no planeta, disto depende a nosa economía e saúde.
Que podes facer ti
Actúa co teu consumo! Adoptando unhas sinxelas medidas para reducirmos o uso de plásticos, evitaremos contribuír á invasión de plásticos que nos asolaga. Deixámosche algunhas ideas para reducir o teu consumo de envases dun só uso.
Pide que Eliminen XA o maldito plástico
Súmate a Greenpeace! Sé parte da nosa organización para esixir un cambio no modelo de xestión de refugallos no noso país. Únete a Greenpeace!