Entre abril e decembro de 2018 reunímonos cos principais supermercados do país para lles trasladarmos dez demandas que contribúan a frear o uso excesivo de plástico dun só uso nos seus establecementos e así parar a contaminación que tanto está a danar o medio ambiente. A seguinte táboa resume os compromisos que nos transmitiron tras esas conversas.
A nota final non é a media aritmética senón a ponderada, pois non todas as demandas son igual de importantes. Incluímos tamén a transparencia na súa pegada plástica, é dicir, que fagan pública a información verbo de todos os plásticos que usan cada ano e todos os que reducen para que poidamos saber que significan os seus compromisos.
Lembra que podes premer en cada supermercado para coñecer máis detalladamente o seu grao de compromiso.
Clasificación de supermercados contra o plástico
Xaneiro 2019
# |
Marca |
Puntuación final sobre 10 |
Plan para eliminar plásticos dun só uso (2025) |
Fomenta os envases reutilizábeis |
Non fomenta as falsas solucións |
Froita e verdura a granel |
Fomenta a venda a granel noutros produtos |
Elimina bolsas dun só uso |
Elimina outros plásticos dun só uso (non envases) |
Transparente sobre a súa pegada plástica |
Traballa con provedores para eliminar plásticos |
Fomenta envases 100% reciclábeis |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | ![]() Máis info... |
6,2 | 6,5 • | 6,5 • | 5,0 • | 6,4 • | 5,1 • | 6,0 • | 5,1 • | 9,0 • | 5,1 • | 9,0 • |
2 | ![]() Máis info... |
5,6 | 4,0 • | 6,8 • | 6,0 • | 5,8 • | 7,0 • | 4,8 • | 8,0 • | 3,0 • | 6,5 • | 0,0 • |
3 | ![]() Máis info... |
5,1 | 5,5 • | 6,5 • | 5,0 • | 4,0 • | 3,5 • | 7,0 • | 3,0 • | 3,0 • | 5,5 • | 7,0 • |
4 | ![]() Máis info... |
4,7 | 6,5 • | 4,0 • | 4,0 • | 4,0 • | 3,5 • | 6,5 • | 6,0 • | 0,0 • | 6,5 • | 9,0 • |
5 | ![]() Máis info... |
4,6 | 6,0 • | 3,0 • | 6,0 • | 6,0 • | 4,0 • | 4,0 • | 4,5 • | 0,0 • | 7,0 • | 7,0 • |
6 | ![]() Máis info... |
4,2 | 5,5 • | 5,0 • | 4,0 • | 5,5 • | 3,5 • | 4,0 • | 5,5 • | 0,0 • | 0,0 • | 7,5 • |
7 | ![]() Máis info... |
3,5 | 3,9 • | 3,5 • | 4,0 • | 4,0 • | 3,5 • | 4,0 • | 5,5 • | 0,0 • | 0,0 • | 4,0 • |
8 | ![]() Máis info... |
3,4 | 3,9 • | 3,5 • | 4,0 • | 4,0 • | 3,5 • | 3,0 • | 5,5 • | 0,0 • | 0,0 • | 4,0 • |
Valoración
Pedimos aos supermercados que analicen os seus produtos e traballen para ver os envases que teñen actualmente e como poderían cambiar as súas prácticas. Porén, moitos deles non apostan por unha eliminación real para tratar este problema; pola contra, resúltalles más doado reducir o grosor dos seus envases para usar menos cantidade de plástico (aínda que o envase siga existindo) ou directamente substituír os plásticos dun só uso por envases biodegradábeis ou compostábeis, que seguen a ser dun só uso e que tamén poden levar plásticos, polo que estas medidas non serían efectivas para frear a contaminación por plásticos.
Todos os supermercados teñen realmente unha nota baixa, xa que ata agora ningún estableceu todas as medidas necesarias para dicir adeus aos plásticos dun só uso e á cultura de usar e desbotar. Por isto, seguimos contando co apoio das 320.000 persoas que asinaron a petición para facer presión sobre as cadeas para que tomen medidas ambiciosas. Revisaremos esta táboa un ano despois da súa publicación para volver avaliar o seu compromiso e traballo.
Información relacionada
Preme para abrir:
■ Que é un material biodegradábel?
■ Que é un material compostábel?
■ Que é a patronal e a que supermercados representa?
■ En que consiste o compromiso de mínimos da patronal?
Que podes facer ti
Pide aos supermercados que eliminen os envases de plástico nas súas froitas e verduras, que proporcionen alternativas sostíbeis para mercar os seus produtos de alimentación e que fomenten a venda a granel. Asina a petición!
Actúa co teu consumo! Adoptando unhas sinxelas medidas para reducir o uso de plásticos evitaremos contribuír á invasión de plásticos que afoga os nosos mares. Dámosche aquí algunhas ideas.
Súmate a Greenpeace! Sé parte da nosa organización para esixir a gobernos e empresas que actúen contra o uso excesivo de plásticos. Onde unha persoa non chega, un colectivo si. Preme aquí para unirte a Greenpeace!