2024
2023
2022
2021
2020
2019
2018
2017
2016
2015
2014
2013
2012
2011
2010
2009
2008
2007
2006
2005
2004
2003
2002
2000
1997
1995
1993
1992
1991
1982
1974
1972
2024
Marzo
victoria
CAMBIO CLIMÁTICO
A central térmica de Carboneras xa é historia
O 21 de marzo de 2024 asistimos con emoción ao derrubamento da cheminea da central térmica de carbón de Endesa en Carboneras (Almería). Un derrubamento tan simbólico coma real, que evidencia o afundimento dun sistema enerxético sucio e insostíbel e contra o que levamos loitando durante décadas. Como dato anecdótico, a de Carboneras é a central térmica onde máis accións levamos a cabo.
victoria
COSTAS
Comeza o desmantelamento do porto deportivo de Puerto Mayor
A Demarcación de Costas en Murcia inicia os trámites para desmantelar Puerto Mayor, un intento malogrado de construír un porto deportivo para case 1.000 barcos no maltreito Mar Menor. Despois de que a Xustiza nos dese a razón en 2016 e paralizase a súa construción, xa só quedaba un esqueleto de hfrmigón que agora será desmantelado.
2023
Decembro
victoria
CAMBIO CLIMÁTICO
A enerxía renovable supera récords
En 2023 e por primeira vez, as enerxías renovábeis produciron máis electricidade cás enerxías sucias (gas, petróleo, carbón e nuclear) en España.
victoria
CAMBIO CLIMÁTICO
Inicio da fin dos combustíbeis fósiles
No mes de decembro, o Cumio do Clima (COP 28) acordou por vez primeira pedir aos países unha transición para abandonar os combustíbeis fósiles. Un acordo que agora cómpre levar á práctica. Le máis...
victoria
CONSUMO
O consumo de carne segue a caer
O consumo de carne volve caer en España. Dende 2018, reduciuse nun 22 %! Tamén diminúe o sacrificio de animais nun 3 %.
Novembro
victoria
AUGA
Un paso atrás para os regadíos ilegais en Doñana
Despois de moitos meses de presión, conseguimos deter a proposta inicial do Partido Popular para legalizar case 2000 hectáreas de regadíos ilegais en Doñana. Le máis...
Outubro
victoria
CAMBIO CLIMÁTICO
Pecha a central térmica de As Pontes
Despois de anos sendo a meirande fábrica de cambio climático de España, en outubro deixou de operar a central de As Pontes, en A Coruña. Ademais, no mes de marzo proseguiu o desmantelamento da central de Meirama, tamén en A Coruña, co derrubamento da súa cheminea.
victoria
MOBILIDADE
A prohibición dos voos curtos, cada vez máis preto
No acordo de Goberno de coalición acadado en outubro apareceu por vez primeira a proposta de reducir os voos naquelas rutas cunha alternativa ferroviaria de menos de dúas horas e media.
Marzo
victoria
OCÉANOS
Apróbase o primeiro Tratado Global dos Océano
Despois de longos anos de traballo, conseguímolo! Os Gobernos do mundo acordan na ONU o primeiro Tratado Global dos Océanos. Un fito na historia da conservación que senta as bases para protexer polo menos o 30 % dos océanos antes de 2030. Le máis...
2022
Decembro
victoria
CAMBIO CLIMÁTICO
A central de Meirama xa é historia
A central térmica de carbón de Meirama, en Galicia, é derrubada por Naturgy como parte do plan do seu desmantelamento. Remata así cun dos símbolos da queima de carbón, o combustíbel fósil que máis contribúe ao cambio climático. En Greenpeace, visitamos a central en 2018 nunha das nosas accións máis icónicas e seguiremos a traballar para que en 2025 non quede nin unha central de carbón aberta en España.
victoria
BOSQUES
Grande acordo en Europa contra a deforestación
O Parlamento Europeo, o Consello da UE e a Comisión Europea acordan un Regulamento que obrigará as empresas que venden ou comercializan determinadas materias primas no mercado da UE a rastrexaren a súa orixe e demostraren que non están vencelladas á destrución e degradación dos bosques nin a violacións de dereitos humanos. Soia, aceite de palma, carne de vacún, madeira, papel impreso… Unha parte das materias primas e produtos procedentes de contextos de deforestación e vulneración de dereitos terano moito máis difícil para entraren no mercado da UE. Le máis...
Novembro
victoria
CAMBIO CLIMÁTICO
As enerxías renovábeis baten máximo histórico
As enerxías renovábeis baten máximo histórico en xeración e conseguen que baixe o prezo da electricidade: a eólica en xeración anual e instantánea (con 20.594 MW o 22 de novembro) e a solar en xeración anual (superando o 2021 nun 33 %, período xaneiro-novembro).
victoria
CAMBIO CLIMÁTICO
Avances na COP cara a unha meirande xustiza climática
Acórdase na COP27 crear o Fondo de Financiamento para cubrir as perdas e os danos dos países más vulnerábeis fronte aos desastres climáticos. É o primeiro paso para que os gobernos con meirande responsabilidade nas causas da crise climática (polo seu uso de gas, petróleo e carbón) acheguen cada ano o financiamento necesario.
Setembro
victoria
OCÉANOS
16.000 km2 menos para a pesca de arrastre
Despois de moitos anos de loita, conseguiuse que o Parlamento Europeo peche á pesca de arrastre de profundidade 16.000 km2 de ecosistemas vulnerábeis do Atlántico Noreste. Este tipo de pesca é altamente daniño, polo que se trata dunha gran decisión que brindará a protección que tanto precisan os corais de augas profundas, as esponxas e outras especies que forman hábitats fronte ás costas atlánticas de Irlanda, Francia, España e Portugal. Le máis...
Xullo
victoria
CONSUMO
A AESAN reduce a recomendación de consumo de carne a 375 gr semanais
A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN) aproba a finais de xullo as súas novas recomendacións dietéticas, entre as que se inclúe un máximo de tres racións de carne á semana. Segundo o informe, isto significa un consumo semanal de 300-375 gramos de carne, moi aliñado co que dende Greenpeace vimos pedindo dende 2018. Le máis...
Xuño
victoria
MOBILIDADE
Rebaixa do prezo do transporte público
O Goberno apoia economicamente o transporte público no seu paquete de medidas anticrise a través da rebaixa en billetes e abonos, á que se suma a achega dalgunhas comunidades e concellos, e da gratuidade nos servizos de proximidade e media distancia.
Marzo
victoria
PLÁSTICOS
Por fin un sistema de devolución e retorno de envases!
O Congreso dos Deputados aprobou unha nova Lei de Residuos Urbanos que introduce un sistema de devolución e retorno de envases, algo que dende Greenpeace levabamos anos a perseguir. Ademais, a norma erradica algúns utensilios de plástico dun só uso como pallas para beber, cubertos de plástico ou bastóns para os oídos.
2021
Decembro
victoria
CAMBIO CLIMÁTICO
A enerxía eólica supera a nuclear
A enerxía eólica rematou 2021 como a primeira fonte de electricidade en España, superando a nuclear por vez primeira dende 2013.
victoria
AUGA
A Comisión Europea senta a España no banco pola contaminación da auga
A Comisión Europea anuncia que levará o noso país ao Tribunal de Xustiza da UE pola súa incapacidade de protexer a auga fronte á contaminación por nitratos. O Goberno español deberá adoptar medidas adicionais para facer fronte a este atentado vencellado ás macrogranxas. Le máis...
Novembro
victoria
BOSQUES
A Comisión Europea presenta unha lei contra a deforestación
A Comisión Europea presenta a súa proposta lexislativa para minimizar a deforestación e a degradación dos bosques causada polas materias primas importadas á UE. A proposta esixe por primeira vez ás empresas rastrexar a procedencia desas materias primas para evitar que procedan da destrución dos bosques. Le máis...
Setembro
victoria
MOBIILIDADE
Suspéndese a ampliación do aeroporto de Barcelona-El Prat
O Goberno anuncia a paralización da ampliación do aeroporto de Barcelona. A decisión chega despois de que as organizacións ecoloxistas denunciásemos durante meses o impacto que o proxecto tería no clima e na biodiversidade. Le máis...
Agosto
victoria
AUGA
Un paso atrás para a macrogranxa de Noviercas
A Confederación Hidrográfica do Douro denega a solicitude da empresa Valle de Odieta para investigar a viabilidade de usar as augas subterráneas de Noviercas (Soria) nunha futura macrogranxa, que, de se construír, sería a meirande de gando vacún leiteiro da UE.
Xullo
victoria
NUCLEAR
O CSN pon fin ao proxecto da mina de uranio en Retortillo
O Consello de Seguridade Nuclear (CSN) denega a autorización de construción da planta de fabricación de concentrados de uranio en Retortillo, en Salamanca. O anuncio supón a fin da minería de uranio en España. Le máis...
victoria
COSTAS
A Audiencia Nacional anula a prórroga da papeleira Ence
A Audiencia Nacional dános a razón e anula a prórroga de 60 anos concedida a Ence polo Goberno en funcións de Mariano Rajoy en 2016. A decisión abre a porta para que Ence saia da ría de Pontevedra o antes posíbel. Le máis...
Maio
victoria
CAMBIO CLIMÁTICO
Shell, obrigada a reducir radicalmente as súas emisións de CO2
Por primeira vez, un tribunal holandés ditamina que a petroleira Shell é responsábel de danar o clima e ordénalle reducir as súas emisións de carbono en toda a súa cadea de subministración. Le máis...
Febreiro
victoria
CAMBIO CLIMÁTICO
Condena histórica ao Estado francés por inacción climática
A Xustiza francesa recoñece a responsabilidade do Estado galo na crise climática e considera ilegal que incumpra os seus compromisos de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro. Trátase dunha sentencia histórica que supón un aviso para o resto de Gobernos europeos, como España. Le máis...
victoria
OCÉANOS
62 países piden un Tratado dos Océanos
As negociacións para asinar un Tratado Global dos Océanos avanzan. En febreiro, un total de 62 países, entre os que por fin se atopa Estados Unidos, asumen o compromiso de protexer un 30 % dos océanos antes de 2030. Le máis...
2020
Decembro
victoria
MOBILIDADE
MáIs da metade das capitais de provincia xa son ‘Cidades 30’
Cada vez máis cidades implantan esta medida que tanto estabamos a reclamar e que está dirixida a reducir a velocidade nas nosas rúas para mellorar a seguridade, reducir o ruído e facilitar a circulación de peóns e ciclistas.
victoria
CAMBIO CLIMÁTICO
Demandamos o Goberno por inacción climática
O Tribunal Supremo admite a trámite o recurso de Ecoloxistas en Acción, Greenpeace e Oxfam Intermón contra o Goberno pola súa insuficiente acción ante o cambio climático. Le máis...
Novembro
victoria
AMAZONÍA
Os Karipuna reducen case á metade a deforestación nos seus territorios
O pobo Karipuna consegue reducir case á metade a deforestación nun dos territorios indíxenas máis ameazados da Amazonía brasileira. Le máis...
Outubro
victoria
COSTAS
Un paso máis preto de derrubar o Algarrobico
A Junta de Andalucía anuncia que derrubará este símbolo da destrución do noso litoral. Agora falta por ver se non se trata só dun “postureo ambiental” da Junta, que namentres está a destruír leis ambientais e a autorizar outros hoteis similares, como nos Genoveses, Nerja ou El Palmar. Le máis...
victoria
ABELLAS
Outra vitoria para as abellas!
Apróbase a Estratexia Nacional para a Conservación dos Polinizadores, que incorpora aspectos decisivos para a conservación dos polinizadores como a drástica redución do uso de praguicidas. Le máis...
Setembro
victoria
DESARMAMENTO
Pedimos nos tribunais máis control no comercio de armas
O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid admite a trámite un recurso de Greenpeace para pedir unha meirande transparencia nas exportacións de armas despois de que unha das nosas investigacións confirmase o despregamento de morteiros españois nunha zona conflitiva da guerra de Iemen.
Xullo
victoria
CAMBIO CLIMÁTICO
Celebramos o fin da era do carbón!
Tras 30 anos de campaña, celebramos a fin das centrais térmicas de carbón en España para antes de 2025, un paso crucial na loita contra o cambio climático. Le máis...
Maio
victoria
AUGAS
Adeus ao encoro de Biscarrués
O Tribunal Supremo tumba definitivamente o proxecto de construción do encoro de Biscarrués en Huesca, unha impactante e innecesaria infraestrutura hidráulica, grazas a unha queixa conxunta e a un recurso xudicial contra este proxecto.
2019
Decembro
victoria
ABELLAS
O Parlamento solicitará a redución de praguicidas para protexer as abellas
Os eurodeputados queren que se reduza o uso de praguicidas, máis fondos para investigación e un mellor control para salvar as abellas europeas.
Novembro
victoria
BALEAS
Vitoria! Fin do cárcere de baleas ruso
Tras un ano e cinco meses pechadas, as 11 candorcas e 87 baleas brancas atrapadas no chamado “cárcere de baleas” ruso foron ceibadas. Le máis...
victoria
CONTAMINACIÓN
Reactivo ante a decisión da Audiencia Nacional de esixir a Fertiberia o depósito de 65,9 millóns de euros para a marisma de Huelva
Fertiberia deberá, por fin, polo mandato da Audiencia Nacional, depositar a fianza que lle vén reclamando a xustiza dende hai unha década polos danos ocasionados na marisma de Huelva. Le máis...
Setembro
victoria
PLÁSTICOS
Compromiso dos supermercados coa redución de plásticos en 2025
Un 63 % dos supermercados analizados comprométense a reduciren o plástico nos seus envases para 2025 nun 30 % (Alcampo; 50 % para 2030), 25 % (Mercadona) e 20 % (Lidl, Eroski e Aldi).
Agosto
victoria
CONSUMO
Paralízase a macrogranxa de Noviercas
Malia que a Junta de Castilla y León aprobou a avaliación ambiental simplificada para a edificación da macrogranxa proxectada para Noviercas, a Confederación Hidrográfica do Douro denegou a concesión de augas, polo que se paraliza a súa construción. Le máis...
Xullo
victoria
MOBILIDADE
Madrid Central fica
Así remata unha loita contra o novo goberno do Concello de Madrid: o xuíz determinou que “han primar, por riba de cuestións políticas, valores relacionados co dereito a un medio ambiente axeitado, así como o dereito á saúde”.
Le máis...
Marzo
victoria
PLÁSTICOS
Paso adiante contra os plásticos dun só uso
O Parlamento Europeo sela a Directiva de plásticos, que lexisla para evitar os plásticos dun só uso nos países da unión.
Le máis...
2018
Decembro
victoria
BOSQUES
O meirande comerciante de aceite de palma comprométese a facer seguimento dos seus provedores
Tras unha intensa campaña global de Greenpeace, Wilmar International, que subministra o 40 % do aceite de palma de todo o mundo, publica un plan de acción que avanza cara á fin da deforestación na súa cadea de subministro. Le máis...
Outubro
victoria
PLÁSTICOS
Europa vota contra os plásticos
O Parlamento Europeo aproba un plan para acabar con algúns produtos de plástico, como cotonetes, pallas para beber, pratos e cubertos.
Le máis...
Xullo
victoria
ANTÁRTIDA
Non haberá pesca de krill nas augas máis vulnerábeis do Antártico
Case toda a industria pesqueira comprometeuse a medidas concretas para reducir o seu impacto na vida silvestre antártica, ademais de apoiar a campaña para crear un Santuario Antártico.
Le máis...
victoria
OCÉANOS
A posidonia, protexida
O Goberno balear anuncia a protección desta planta autóctona do Mediterráneo e a elaboración dunha cartografía específica.
Le máis...
Xuño
victoria
OCÉANOS
O corredor de cetáceos do Mediterráneo é declarado Área Mariña Protexida
O Goberno español protexe unha área de 46.000 km2 entre Levante, Cataluña e as Illas Baleares. Arroaces, rorcuais e cachalotes estarán a salvo de ruídos mariños e de novas prospeccións de explotación petroleira.
victoria
CONTAMINACIÓN
Adeus á incineradora de Valdemingómez
O Concello de Madrid data en 2025 o peche desta planta, que xera ata un 30 % do peso do residuo incinerado en forma de escouras e cinzas altamente tóxicas. Greenpeace levaba denunciando a planta dende 1994.
Le máis...
Abril
victoria
ABELLAS
A UE prohibe os neonicotinoides
16 países subscriben hoxe as propostas da Comisión Europea para prohibir todos os usos ao ar libre de tres insecticidas neonicotinoides moi daniños para as abellas.
2017
Decembro
victoria
ÁRTICO
Acordo internacional histórico para protexer o Ártico da pesca industrial
Nove países máis a Unión Europea asinan unha moratoria de pesca comercial para os vindeiros 16 anos nunha superficie de 2,8 millóns de km² en augas internacionais do Ártico.
Novembro
victoria
CAMBIO CLIMÁTICO
Iberdrola decide pechar as súas térmicas de carbón
A compañía eléctrica española anuncia que solicita ao Ministerio de Enerxía o peche das súas dúas centrais térmicas de carbón.
Setembro
victoria
ABELLAS
Europa despídese do fipronil na agricultura
Dende o 30 de setembro o fipronil, un praguicida químico tóxico para as abellas, xa non pode empregarse máis para fins agrícolas na Unión Europea
Agosto
victoria
NUCLEAR
Pecha Garoña
Comeza o desmantelamento de Santa María de Garoña e ábrese definitivamente a porta á fin da enerxía nuclear en España
Xullo
victoria
OCÉANOS
O poder da xente dobrega ao gran xigante do atún
Thau Union, a compañía de atún máis grande do mundo, comprométese a facer os seus produtos pesqueiros máis sostíbeis
Abril
victoria
CONTAMINACIÓN
Apple comprométese a facerse máis verde
Apple convértese na primeira empresa tecnolóxica en comprometerse co uso de materiais 100 % reciclados nos seus produtos para abordar o impacto medioambiental causado pola súa produción electrónica
Febreiro
victoria
CONTAMINACIÓN
GORE-TEX® elimina os produtos tóxicos da súa roupa
O fabricante dos produtos GORE-TEX®, Gore Fabrics, revoluciona o sector da roupa de montaña e comprométese a eliminar os PFC perigosos
2016
Decembro
victoria
CONTAMINACIÓN
12 cidades españolas comprométense a reducir nun 50 % as súas emisións para 2030
As principais cidades do país, entre as que se atopan Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Zaragoza, Málaga, Murcia, Bilbao ou A Coruña, asumiron o reto de reducir as emisións do transporte á metade para ter urbes máis saudábeis
victoria
ÁRTICO
O Ártico de Estados Unidos e Canadá, pechado ao petróleo
Barack Obama e o primeiro ministro de Canadá, Justin Trudeau, acordan prohibir as prospeccións de gas e petróleo nas augas do ártico que caen baixo as súas competencias.
Outubro
victoria
ANTÁRTIDA
Establécese na Antártida a meirande área mariña protexida
Unha gran vitoria para baleas, pingüíns e todos os animais que viven na zona e para os millóns de persoas no mundo que piden a protección dos nosos océanos: creouse a meirande área mariña protexida do mundo no mar de Ross, en augas da Antártida
Agosto
victoria
BOSQUES
Cancélase o megaencoro no corazón do Amazonas
A axencia medioambiental brasileira, o IBAMA, cancela o proceso para outorgar a licenza ao proxecto do encoro que se ía desenvolver en pleno corazón do Amazonas, xerando un terríbel impacto social e medioambiental na rexión.
Febreiro
victoria
COSTAS
O Algarrobico é declarado ilegal
O Tribunal Supremo dá a razón a Greenpeace e sentencia que o hotel de El Algarrobico foi construído sobre solo non urbanizábel de especial protección e esixe que se poña en marcha o protocolo para a súa demolición.
2015
Decembro
victoria
CAMBIO CLIMÁTICO
195 países asinan o Acordo climático de París
Novembro
victoria
NUCLEAR
Paralízase o cemiterio nuclear de Villar de Cañas
A Junta de Comunidades de Castilla-La Mancha declara nulo o Plan de Ordenación Municipal de Villar de Cañas, o que imposibilita a construción do cemiterio nuclear que o Goberno central pretendía situar nesta localidade conquense
Setembro
victoria
ÁRTICO
Shell abandona os seus plans para perforar o Ártico
A petroleira angloholandesa anuncia que abandona o seu programa de perforacións en busca de petróleo no Ártico, tras investir máis de sete mil millóns de euros sen chegar a conseguir extraer unha pinga de cru desta rexión
Xuño
victoria
ÁRTICO
A Comisión OSPAR acorda medidas para protexer o Ártico
A Comisión OSPAR, encargada da protección do medio ambiente mariño do Atlántico Nordés, comprométese a adoptar medidas específicas para protexer a súa rexión Ártica. Entre elas, avanzar na creación dunha Área Mariña Protexida en 2016
Marzo
victoria
CAMBIO CLIMÁTICO
Endesa comprométese a acabar co carbón en 2050
Febreiro
victoria
BOSQUES
O Banco Santander deixa de financiar a destrución dos bosques de Indonesia
Xaneiro
victoria
COSTAS
Repsol abandona o seu plan de realizar prospeccións en Canarias
2014
Decembro
victoria
NUCLEAR
Os 17 de Cofrentes quedan absoltos
Outubro
victoria
ÁRTICO
Lego rompe con Shell tras 50 anos polos seus plans de perforar o Ártico
2013
Decembro
victoria
ÁRTICO
Liberdade para os 30 do Ártico
Abril
victoria
ABELLAS
Europa prohibe 4 substancias tóxicas para as abellas
Xaneiro
victoria
CONTAMINACIÓN
Benetton e Uniqlo únense á moda sen tóxicos
2012
Decembro
victoria
CONTAMINACIÓN
Levi’s comprométese a producir os seus famosos vaqueiros sen contaminar
Novembro
victoria
CONTAMINACIÓN
ZARA di si á moda sen tóxicos
Xuño
victoria
CAMBIO CLIMÁTICO
Iberdrola pecha a central térmica de Pasaia (Gipuzkoa)
Marzo
victoria
CAMBIO CLIMÁTICO
O Ministerio de Medio Ambiente denega a aprobación dunha refinería en Extremadura
2011
Outubro
victoria
BOSQUES
Barbie e Mattel din non á deforestación
Agosto
victoria
CONTAMINACIÓN
Triplete para a campaña Detox: Nike, Puma e Adidas apúntanse á carreira por un futuro sen tóxicos
2010
Maio
victoria
BOSQUES
Kit-Kat dá un respiro á selva de Indonesia. Nestlé comprométese a deixar de usar aceite de palma
2009
Outubro
victoria
PESCA
Greenpeace consigue que Alcampo, Sabeco e Simply deixen de vender varias especies pesqueiras ameazadas
Agosto
victoria
BOSQUES
Protección de 35.000 hectáreas de bosque en Laponia
2008
Xullo
victoria
DESARMAMENTO
España deixa de fabricar bombas de acio
2007
Maio
victoria
PESCA
Fin á pesca de arrastre en alta mar no Pacífico sur
2006
Xuño
victoria
CONTAMINACIÓN
Dell comprométese a eliminar dos seus produtos substancias químicas perigosas
Abril
victoria
NUCLEAR
Pecha a central nuclear de Zorita
Marzo
victoria
CONTAMINACIÓN
O xigante electrónico Hewlett Packard apúntase á tecnoloxía sen tóxicos
Febreiro
victoria
BOSQUES
Canadá protexe o Bosque do Grande Oso
victoria
BOSQUES
Créase un área de conservación no Amazonas brasileiro
2005
Decembro
victoria
CONTAMINACIÓN
Móviles sen tóxicos: ao longo do ano Sony Ericsson, LG e Motorola únense a Samsung e Nokia no compromiso de eliminar as sustancias tóxicas de todos os seus produtos
Xullo
victoria
CONTAMINACIÓN
A Unión Europea prohibe os xoguetes tóxicos
2004
Setembro
victoria
CONTAMINACIÓN
Pecha a incineradora de Montcada i Reixac
Xullo
victoria
CAMBIO CLIMÁTICO
Retírase o proxecto de central térmica de Petronor e Iberdrola en Abanto
Xuño
victoria
CONTAMINACIÓN
Unilever, Coca-Cola e McDonalds prometen eliminar progresivamente as substancias químicas daniñas para o clima dos seus equipos de refrixeración
Maio
victoria
AGRICULTURA
Monsanto abandona o trigo transxénico
Febreiro
victoria
CONTAMINACIÓN
Adeus aos contaminantes orgánicos persistentes
2003
Agosto
victoria
BOSQUES
A comunidade indíxena Deni celebra a demarcación das súas terras na selva amazónica
Marzo
victoria
DESARMAMENTO
A meirande protesta da historia contra a guerra
Máis de 30 millóns de persoas de todo o mundo participan nas protestas contra a guerra de Iraq
2002
Novembro
victoria
BOSQUES
Brasil declara unha moratoria sobre a exportación de caoba
Marzo
victoria
CAMBIO CLIMÁTICO
A Unión Europea ratifica o Protocolo de Quioto sobre o cambio climático
2000
victoria
AGRICULTURA
Adóptase o Protocolo de Bioseguridade en Montreal, Canadá
1997
victoria
CAMBIO CLIMÁTICO
Acórdase o Protocolo de Quioto sobre os gases de efecto invernadoiro
1995
victoria
CAMBIO CLIMÁTICO
A plataforma Brent Spar da petroleira Shell non se afunde, recíclase
1993
victoria
CONTAMINACIÓN
Prohíbese a vertedura de residuos radioactivos e industriais en todo o mundo
1992
victoria
NUCLEAR
Francia decide cancelar as probas nucleares no atolón de Mururoa
1991
Outubro
victoria
COSTAS
Primeiro Parque Nacional marítimo-terrestre de España no arquipélago de Cabrera
Abril
victoria
ANTÁRTIDA
Un santuario global na Antártida
1982
Decembro
victoria
OCÉANOS
A Comisión Europea prohibe a importación de pel de foca bebé
Outubro
victoria
BALLENAS
A Comisión Baleeira Internacional aproba unha moratoria contra a caza de baleas a partir de 1986
1974
victoria
NUCLEAR
Fin aos ensaios nucleares atmosféricos de Francia
1972
victoria
NUCLEAR
EE. UU. cesa as probas nucleares en Amchitka, Alaska