Non hai dúbida de que os efectos do cambio climático se sufrirán en todos os eidos da vida, e especialmente na economía española, incluíndo tanto as xeracións actuais como as vindeiras e o seu xeito de entender e vivir a vida.

Saúde

graves consecuencias para la salud pública cambio climático

As vagas de calor e de frío teñen graves consecuencias para a saúde pública xa que poden agravar as enfermidades cardiovasculares e respiratorias e mesmo poden causar a morte. Cada vez son máis habituais e intensas as vagas de frío e de calor e son máis duradeiras do que estamos afeitos, co seu impacto na poboación máis vulnerábel. En España producirase un incremento do 292 % nas mortes causadas por vagas de calor en comparación co período comprendido entre os anos 1971 e 2010. Este ano 2022, o Instituto de Saúde Carlos III contabilizou un aumento das mortes asociadas ás vagas de calor e de frío de 5.800 persoas (datos do MoMo: sistema de monitorización da mortalidade do Instituto de Saúde Carlos III).

O mesmo modelo enerxético baseado nos combustíbeis fósiles que alimenta o cambio climático é tamén responsábel de graves consecuencias para a saúde. Segundo a Axencia Europea de Medio Ambiente, respirar aire contaminado provoca máis de 30.000 mortes prematuras en España cada ano.

Ademais, a suba da temperatura media favorecerá as condicións para que aparezan novos tipos de cínfanos, que traerán con eles enfermidades contaxiosas.

Os fenómenos atmosféricos extremos, como tormentas e alagamentos, tamén provocan accidentes, feridos e mesmo mortes. O cambio climático está a facer estes fenómenos máis frecuentes e intensos, polo que aumenta o perigo para as persoas.


Co aumento das concentracións de NO2 e de ozono, sobre todo no verán, magnifícanse os problemas no aparato respiratorio e exacérbanse os casos de alzhéimer e de párkinson, segundo constataron máis de 15 anos de investigación no noso centro. O maior ou menor crecemento da contaminación depende do grao de insolación e de estabilidade atmosférica: se non chove nin vai vento, isto fai que permaneza máis tempo e se acumule no ar, de aí vén a relación entre emisións de gases de efecto invernadoiro e a calidade do ar.

Cristina Linares Gil, Dpto. de Epidemioloxía e Bioestatística da Escola Nacional de Sanidade no Instituto de Saúde Carlos III e membro do grupo de expertos para o Sexto Informe de IPCC sobre cambio climático

Enerxía

trasformación del modelo energético

O quecemento do planeta tamén terá as súas repercusións no sistema eléctrico. A máis directa é o impacto sobre a xeración hidroeléctrica por unha meirande escaseza de auga dispoñíbel.

Por outra banda, ao aumentar a temperatura media e estar a auga máis quente, todas as centrais térmicas (incluídas as nucleares) teñen máis dificultade para refrixerar e vense obrigadas a parar por seguridade con máis frecuencia (como pasou en Francia en 2022).

Ademais, de non se tomaren medidas, o aumento do consumo eléctrico poderíase disparar entre un 5 % e un 6 % ao ano polo cada vez máis estendido uso dos aparellos acondicionadores do ar. Isto levará a producir máis C02 se non se produce unha transformación do modelo enerxético.

Turismo
Turismo sostenible

Coa suba das temperaturas, a predisposición dos turistas a visitar a meirande parte das provincias costeiras do Mediterráneo diminuiría, tanto na tempada alta como no resto, cunha suba de 1 ºC.

Por outra banda, o aumento do nivel do mar producirá alagamentos permanentes e danos nas infraestruturas, o que podería supor importantes perdas para o sector turístico de sol e praia.

No caso do turismo invernal tamén se produce un impacto notábel. En 2016, as estacións de esquí españolas recibiron un 6,6 % menos de visitantes na tempada 2015/2016 en comparación coa anterior pola falla de neve. Moitas estacións poderían deixar de ser viábeis malia a produción de neve artificial, que á súa vez supón un importante impacto para o medio ambiente.

Como consecuencia de todo isto, un estudo do Ministerio de Medio Ambiente sinala que en 2080 o número de días de estancia en España podería reducirse entre 0,6 e 7,7 millóns comparado con 2005.

Agricultura, gandaría e pesca

pesca consecuencias

Algunhas das nosas produccións agrícolas tradicionais, como a vide, o cereal, o olivo e o montado, xa están a verse afectadass directamente polo aumento das temperaturas. Tal é o caso, por exemplo, do viño, e moitas bodegas están a ter que substituír algunhas variedades por outras e incluso están a verse obrigadas a desprazar as súas producións a zonas máis altas.

Por outra banda, a erosión e a aridez do solo están a reducir drasticamente a produtividade agrícola.

O 70 % dos principais cultivos en España dependen da polinización por parte de insectos como as abellas. Pero o aumento das temperaturas, o uso de praguicidas nocivos ou a expansión de depredadores como a avéspora asiática e o abelleiro conduciron a un descenso das súas poboacións.

Respecto da gandaría, os cambios climáticos nas estacións modificarán a vexetación que é alimento da gandaría extensiva. Outro importante aspecto do cambio climático é afección directa sobre a saúde animal, pois ao se intensificar a frecuencia dos fenómenos extremos, están a aumentar as mortes e enfermidades relacionadas co clima.

A pesca tamén está a sufrir os efectos do cambio climático. A medida que aumente a temperatura do mar, algunhas especies nativas non poderán sobrevivir e algunhas outras invasoras expandiranse. O potencial máximo de capturas no mar podería diminuír a nivel global ata nun 12 % para 2050.

Calidade do ar

contaminación del aire

O cambio climático e a calidade do ar son dous conceptos diferentes aínda que relacionados entre si. A calidade do ar en xeral, e a das cidades en particular, degrádase se a concentración de determinados contaminantes atmosféricos supera os valores límites establecidos. Respirar este ar insán prexudica a saúde da cidadanía.

Nos últimos anos está a aumentar a preocupación por un contaminante moi singular: o ozono troposférico. É o causante de 17.000 mortes prematuras na Unión Europea cada ano, 1.800 delas en España. Ademais, dúas terceiras partes dos cultivos e boa parte dos nosos bosques e espazos naturais soportan niveis de ozono que danan a vexetación.