O Bosque Boreal exténdese por todo o hemisferio norte, dende Alasca e Canadá ata Escandinavia e Rusia, formando unha verdadeira coroa forestal en torno ao planeta que xoga un papel fundamental na regulación do clima.
Un
50 %
dos mamíferos que viven no bosque boreal están en perigo
Os bosques de Canadá almacenan
186 millóns
de toneladas de carbono
Un
65 %
de todas as Paisaxes Forestais Intactas localízase en tan só tres países: Canadá, Rusia e Brasil
Primer plano de un puma Oso pardo en un bosque sueco. Colibrí de garganta roja en el bosque boreal canadiense Cría de zorro rojo en el bosque boreal canadiense

O problema

Unha parte desta enorme extensión de bosque boreal está formada por bosques aínda virxes, tamén chamados bosques primarios ou Paisaxes Forestais Intactas, situados en países como Estados Unidos (Alasca), Canadá, Suecia, Finlandia e Rusia. Son interminábeis extensións verdes onde predominan as coníferas, e son o fogar de especies ameazadas. Estes magníficos bosques xogan un papel fundamental no equilibrio do clima planetario, xa que capturan grandes cantidades de CO2.

Os bosques boreais de Canadá son un dos ecosistemas máis vulnerábeis do planeta. Os devastadores incendios que en 2021 asolaron Ontario, en Canadá, levaron a unha situación de extrema vulnerabilidade das comunidades indíxenas. Máis de 100 incendios forestais, entre os que se inclúen dous dos meirandes, con 100.000 hectáreas (o duplo de tamaño que Toronto) de bosque queimado.

Canto a Rusia, malia que os incendios están a diminuír lixeiramente, a principios de 2021 bateuse o récord en termos de superficie queimada, acadando as 17.131.959 hectáreas.

Os incendios acontecidos en 2021 puxeron de manifesto que estamos ante unha emerxencia climática, unha emerxencia colonial e unha emerxencia de saúde.

Axúdanos a parar a deforestación

As malas prácticas na explotación forestal dos bosques boreais están a agravar o quecemento global a través da emisión de gases de efecto invernadoiro e da redución do almacenamento de carbono. E esta degradación dos bosques boreais está principalmente producida pola talla industrial para alimentar a demanda de madeira e papel.

Vista aérea del Gran Bosque del Norte en Finlandia Pilas de troncos en el aserradero de madera de la empresa Eacom, en Canadá

A solución

Malia a gran variedade de ameazas que destrúen os bosques primarios, aínda hai tempo de reacción, pero é urxente tomar certas medidas para poder salvalos:

  • Protexer os bosques primarios boreais que quedan a través da declaración destas zonas como áreas protexidas, do cumprimento dos compromisos adquiridos nos acordos multilaterais e dunha mellor gobernación mundial que dea prioridade á conservación da biodiversidade e aos dereitos dos pobos indíxenas.
  • As empresas papeleiras deben implantar políticas para promoveren a responsabilidade empresarial en materia de medio ambiente, dereitos humanos, loita contra a corrupción, etc. que eviten a súa posíbel participación en proxectos que puideren ter un impacto negativo sobre estes ecosistemas.
  • As grandes editoriais e grupos de comunicación deberían adoptar políticas de compra de papel que eviten a colaboración con prácticas forestais destrutivas e daniñas para os bosques primarios.
  • As administracións, a través da contratación pública, deben dar prioridade a aqueles produtos que non estean asociados á destrución dos bosques primarios nin á violación de dereitos humanos.
  • A cidadanía debe adoptar estilos de vida e consumo sostíbeis, non desbaldindo papel, reciclando posteriormente o papel utilizado e dando prioridade ao consumo de papel 100 % reciclado branqueado sen produtos clorados (co selo Anxo Azul).

Que está a facer Greenpeace

Investigamos a degradación e destrución do bosque boreal, en especial daquelas zonas virxes consideradas paisaxes forestais intactas.

Realizamos campañas para demandarmos a protección destas rexións de bosques virxes.

Reclamamos á industria papeleira, editorial, etc. que adopten políticas de subministro de madeira e papel acordes coa conservación destes bosques.

Defendemos tamén o dereito á liberdade de expresión para defendermos o medio ambiente, enfrontándonos coas empresas papeleiras que queren acalar a nosa voz.

A través da análise de imaxes de satélite, e xunto con outras ONG e institucións científicas, elaboramos mapas das paisaxes forestais intactas de todo o planeta, vemos a súa evolución e publicamos artigos científicos para a divulgación do valor destes interesantes ecosistemas. Podes ver máis información na web Intact Forest Landscapes.

Que podes facer ti?

Súmate a Greenpeace! Axúdanos a esixir ás empresas que adopten medidas responsábeis de explotación forestal e aos gobernos que actúen contra a madeira ilegal. Todos xuntos podemos lograr un cambio!

Preme aquí para te unires a Greenpeace!

Contido relacionado