España é o país de Europa que máis subvenciona as centrais con enerxías sucias para mantelas aínda que non xeren electricidade. Nos últimos 20 anos, recibiron case 18.000 millóns que pagamos na factura da luz. Saber que centrais e que eléctricas reciben estas axudas é confidencial.
Pagamos, na última década, uns 800 millóns de custos extra cada ano na nosa factura para dar axudas a centrais eléctricas que non se usan. Son os denominados pagamentos por capacidade, unhas subvencións concedidas, por unha banda, para que esas centrais estean dispoñíbeis (xeren ou non electricidade) e, por outra, como incentivo polos investimentos realizados durante eses tempos de excesos.
Foi a finais dos 90, coa liberalización do sistema eléctrico, cando a promesa dun milagre económico español engordaba todas as burbullas e previsións, entre elas a enerxética. As expectativas de crecemento da demanda, alimentadas polas eléctricas, eran tan elevadas coma irreais. Estas compañías eléctricas comezaron a instalar centrais de forma masiva sen ningunha planificación oficial que lles obrigase, sobre todo de gas. En 2005 chegouse a construír ata unha cada mes.
As centrais de ningunha maneira ían acadar os niveis de produción estimados, e así, o Goberno empezou a pagar en 2007 unhas axudas para compensar os investimentos realizados (os chamados ‘pagamentos por novas instalacións’). A estas axudas engadíuselles outro pagamento ‘por dispoñibilidade’ para garantir a subministración, é dicir, comezouse a compensar as plantas de carbón, gas, fuel e nuclear (ademais das hidroeléctricas) por estaren dispoñíbeis. Ademais, seguíase mantendo o carbón a base de subvencións, como aquelas que incentivaban a merca de carbón nacional (‘Restricciones por Garantía de Suministro o RGS’) ou as axudas para que as centrais contaminasen menos do que marca a lei (‘pagamento por investimento medioambiental’).
Un “por se acaso” extra nun contexto de sobrecapacidad
Segundo datos da Rede Eléctrica Española (REE), as centrais de ciclos combinados funcionaron o ano pasado o 16,7% da súa capacidade total e as centrais de carbón fixérono un 56,9% das horas posíbeis. A España das infraestruturas pantasma tamén ten autopistas enerxéticas polas que non pasa ninguén.
Factura máis cara e máis emisións
A partir do 2008, España pasou de ter un custo medio de electricidade para consumidores pequenos superior á media europea.
Ránking mundial del aumento de consumo de carbón
Variación en % 2017/16
Bajo la lupa de Europa
En 2017, a CE mesmo abriu un expediente a España por mor dun dos seus pagamentos por capacidade, o de ‘investimento medioambiental’. O Goberno outorgou dende 2007 uns 440 millóns de euros ás centrais de carbón para que reduzan o seu impacto medioambiental e poidan cumprir a lei de emisións contaminantes.
Centrais que recibiron o pagamento por investimento medioambiental
Icono | Empresa | Total |
---|---|---|
Endesa Generación S.A. | 198.185.421,00 € | |
Gas Natural Fenosa Generación, S.L.U. | 77.953.360,00 € | |
EDP España, S.A.U. | 67.611.279,00 € | |
Viesgo Generación, S.L. | 52.956.075,00 € | |
Iberdrola Generación, S.A. | 44.810.798,00 € | |
Total | 441.516.933,00 € |
Greenpeace abriu unha investigación en marzo deste ano e, tras solicitar información a entidades como a Comisión Europea, Rede Eléctrica de España (REE),la Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) ou os Ministerios de Industria e de Transición Ecolóxica, seguimos agardando respostas claras e completas.
Sorprendentemente, a información do número de horas e empresas ás que Rede Eléctrica lles pide a interrupción da súa actividade tamén é confidencial.