Vagas de calor, fenómenos meteorolóxicos extremos, especies invasoras ou intensificación de enfermidades. Así é como se manifesta o cambio climático.

A temperatura media mundial aumentou
1ºC
entre 1880 e 2017
O nivel medio do mar a nivel mundial subiu
19 centímetros
entre 1901 e 2010
Un
90%
da extensión dos glaciares en España desapareceu no último século

España atópase xa nun proceso de cambio climático. Os fenómenos atmosféricos son cada vez máis frecuentes e intensos, e estímase que nos anos vindeiros se multiplicarán se non se puxer freo ao quecemento global. Deste xeito, para evidenciar estes efectos, propuxémonos recompilar imaxes que os fagan visíbeis, datos que os corroboren e testemuños da comunidade científica que dan conta de primeira man dos problemas e das súas repercusións.

Os escenarios de futuro son preocupantes, tanto polas súas consecuencias para o medio ambiente como para a sociedade. O cambio climático ten un impacto que irá en aumento sobre a meirande parte dos sectores produtivos como o turismo, a agricultura e a produción de alimentos. Tamén se notará no mercado inmobiliario, a industria ou a xeración de electricidade, entre outros.

Tendemos a pensar que o cambio climático é un problema afastado, case alleo, pero non é así. Debemos concienciarnos sobre el antes de que sexa irreversíbel. Ese é o obxectivo desta análise. Resaltar os seus efectos non para ficarmos neles, non para sermos catastrofistas e pensar que non se pode facer nada, senón todo o contrario: para dicir unha vez máis que si se pode e que a solución está aí.

Descargar gráfico y/o datos

 

Avaliamos os efectos do cambio climático en dous grandes eidos: os seus efectos sobre o medio ambiente e a sociedade. Preme sobre cada un para coñecelos: