A Amazonía é a meirande rexión de bosque tropical do planeta. Dende 1970 perdeuse só en Brasil unha superficie forestal máis grande ca toda Francia. A gandería foi a responsábel da meirande parte desta deforestación.
Entre
2020/2021
a Amazonía brasileira perdeu 8.712 Km2 de selva, o segundo peor dato dos últimos 13 anos.
Na década dos 90, a selva absorbía
2.000 millóns
de toneladas de CO2. En 2021, a rexión emitiu máis CO2 do que absorbeu.
En 2019
33 activistas foron asasinados
Brasil ocupa o terceiro lugar en asasinatos de activistas ambientais en 2019.
Sakí barbudo negro en el Amazonas Jaguar en el Amazonas Amazona frentiazul en el Amazonas

O problema

A Amazonía, a meirande rexión tropical do planeta, perde cada ano enormes extensións de selva, emitindo grandes cantidades de gases de efecto invernadoiro nun contexto de violencia e violacións dos dereitos humanos. Se queremos evitar un empeoramento do cambio climático e a perda da súa rica biodiversidade e garantir a supervivencia dos pobos indíxenas, é fundamental deter a deforestación e degradación da Amazonía.

Brasil é o país que alberga a meirande parte da selva amazónica, pero a deforestación e a degradación forestal son problemas crónicos. A expansión da fronteira agrícola para a creación de pastos para a gandería e o cultivo de soia é a principal responsábel deste problema. Tamén a explotación forestal industrial, en gran parte ilegal, abre o camiño á destrución posterior mediante o uso do lume. Outra grande ameaza son os grandes proxectos hidroeléctricos que ameazan os valiosos ríos da conca amazónica.

A nosa dieta ten moito que ver co que pasa na Amazonía. A expansión do cultivo de soia en Brasil débese en gran medida á demanda internacional de pensos que a gandería industrial necesita para alimentar os polos, porcos, vacas, etc. que forman parte da nosa dieta excesivamente rica en proteína de orixe animal.

Tamén hai empresas españolas responsábeis da conflitividade que se vive na rexión amazónica. Empresas eléctricas e empresas aseguradoras están a tentar facer negocio con estes proxectos destrutivos. Asemade, o mercado español de madeira tropical ten unha gran responsabilidade, xa que España tamén é un dos meirandes importadores europeos de madeira tropical amazónica. A demanda de madeiras valiosas, como o ipé, alimenta o fraude e a corrupción no sector forestal. España é, dentro da UE, un dos principais importadores de madeira de ipé, contribuíndo non só á destrución da Amazonía, senón tamén á invasión de territorios indíxenas ou ao traballo escravo.

Corocoros rojos volando sobre la costa de Brasil Niños Munduruku nadando en el río Tapajós en el Amazonas Imagen aérea del río Tapajós en Pará

A solución

As empresas e gobernos deben asumir as súas responsabilidades como principais responsábeis da destrución do Amazonas e han de:

  • O Goberno de Brasil debe comprometerse a implantar unha política de cero deforestación e cumprir os seus compromisos internacionais en materia de medio ambiente e dereitos dos pobos indíxenas.
  • As empresas que operan en Brasil deben implantar procedementos de Debida dilixencia para evitar que a súa actividade supoña a vulneración dos dereitos humanos e impactos negativos sobre o medio ambiente, procedementos que eviten a súa participación en proxectos que puideren ter un impacto negativo sobre os ecosistemas amazónicos e sobre a súa poboación.
  • A Unión Europea (UE) debe esixir o estrito cumprimento do Regulamento EUTR, que impide a entrada en Europa de madeira e outros produtos forestais procedentes da destrución dos bosques.
  • A Unión Europea debe aprobar unha Lei que impida a entrada de materias primas (soia, carne, aceite de palma, madeira ou papel) que procedan da deforestación.
  • As administracións, a través da contratación pública, deben dar prioridade a aqueles produtos que non estean asociados á destrución dos bosques nin á violación de dereitos humanos contra as comunidades que os habitan.
  • A cidadanía debe adoptar estilos de vida e consumo sostíbeis, evitando o consumo innecesario, non desbaldindo recursos e realizando unha compra consciente e comprometida co planeta e os dereitos humanos.
  • Entre os estilos de vida necesarios, é obrigado mencionar a necesidade de adoptar unha dieta baixa en proteína animal na que predominen os alimentos de orixe vexetal, ecolóxicos e locais. Temos que consumir menos carne e de mellor calidade, rexeitando os produtos procedentes dos sistemas intensivos e apoiando a gandería local en réxime extensivo e ecolóxico.

Que está a facer Greenpeace

Para pór fin á deforestación e degradación da Amazonía, temos que facer presión sobre as institucións internacionais e o goberno de Brasil, convencer as grandes empresas e transformar o actual sistema económico que dá prioridade a consumir e desbaldir recursos. Por iso:

  • Demandamos unha Lei de Deforestación Cero en Brasil para reducir drasticamente a deforestación e degradación da selva Amazónica e outros tipos de bosque como o Cerrado.
  • Investigamos sobre o terreo e documentamos as cadeas de subministro de materias primas (soia, carne, madeira) para sinalarmos as empresas e gobernos que están a permitir ou apoiar o comercio internacional de produtos procedentes da destrución forestal.
  • Establecemos alianzas con outras organizacións e con pobos indíxenas para a defensa do medio ambiente e os dereitos sobre os seus territorios.
  • Esiximos ás empresas españolas que establezan sistemas de control para evitar a financiación ou a implicación en proxectos que puideren danar o medio ambiente.
  • Esiximos á Comisión Europea que adopte unha lexislación esixente que evite a entrada na UE de materias primas procedentes da deforestación e degradación forestal.
  • Promovemos entre a cidadanía hábitos de consumo responsábeis coas implicacións ambientais e sociais do noso modo de vida.
peligro amazonas

Que podes facer ti?

Pide á Xunta de Galicia que poña fin á importación de madeira ilegal. Madeira tropical procedente dun empresario brasileiro condenado por talla ilegal e implicado nunha matanza de colonos en Mato Grosso está a ser enviada ao porto de Vigo sen que a Xunta faga nada por investigar o caso e deter este comercio ilícito.

Asina a petición!

Actúa co teu consumo! Escoller mal a madeira pode ter unha repercusión negativa para bosques primarios coma o amazónico, en especial para aquelas especies que están ameazadas ou que proceden de rexións afectadas pola mala xestión forestal, a talla ilegal, a deforestación, as guerras, as invasións de territorios indíxenas ou a violación dos dereitos humanos. Propoñémosche aquí algúns consellos para escoller ben a madeira ou darlle unha nova vida á que xa tes.

Súmate a Greenpeace! Forma parte da nosa organización para esixir ás empresas que adopten medidas responsábeis de explotación forestal e aos gobernos que actúen contra a madeira ilegal. Onde unha persoa non chega, un colectivo si. Preme aquí para te unires a Greenpeace!