Entre abril de 2018 e decembro de 2019, Greenpeace reuniuse cos principais supermercados do país para lles transmitir dez demandas que contribúan a frear o uso excesivo de envases dun só uso nos seus establecementos e parar así a contaminación por plásticos.
A seguinte táboa resume os compromisos que nos fixeron chegar os supermercados tras desas negociacións. Eses compromisos están a ser xa implantados ou desenvolveranse en breve.
A metodoloxía para obter a nota final non se basea nunha media aritmética senón nunha media ponderada, posto que non todas as demandas son igual de importantes e, por tanto, teñen distinto peso. Ademais, cada demanda e compromiso presentado analízase in situ nos diferentes supermercados. Un dos factores clave nesta avaliación é a transparencia na súa pegada plástica; é dicir, queremos que os supermercados fagan pública a información sobre todos os plásticos que usan cada ano e todos os que reducen para que poidamos saber que significan os seus compromisos e para seren transparentes coas persoas consumidoras.
Preme en cada supermercado para coñecer máis detalladamente o seu grao de compromiso. Nestas fichas atoparás información detallada con fotos e os seus contactos públicos para que contactes con eles e lles pidas que cambien.
Clasificación de supermercados contra o plástico
Decembro 2019
# |
Marca |
Puntuación final sobre 10 |
Plan para eliminar plásticos dun só uso (2025) |
Fomenta os envases reutilizábeis |
Non fomenta as falsas solucións |
Froita e verdura a granel |
Fomenta a venda a granel noutros produtos |
Elimina bolsas dun só uso |
Elimina outros plásticos dun só uso (non envases) |
Transparente sobre a súa pegada plástica |
Traballa con provedores para eliminar plásticos |
Fomenta envases 100% reciclábeis |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Máis info... |
7,0 | 7,0 • | 6,7 • | 5,5 • | 7,0 • | 7,0 • | 6,6 • | 4,5 • | 7,5 • | 6,8 • | 8,5 • |
2 | Máis info... |
6,5 | 7,0 • | 5,8 • | 6,0 • | 5,8 • | 5,9 • | 6,6 • | 9,0 • | 5,5 • | 7,5 • | 8,5 • |
3 | Máis info... |
6,2 | 7,5 • | 6,2 • | 6,1 • | 4,8 • | 6,0 • | 6,6 • | 6,0 • | 4,9 • | 5,0 • | 7,5 • |
4 | Máis info... |
6,1 | 6,9 • | 5,0 • | 5,9 • | 4,8 • | 5,0 • | 6,5 • | 9,0 • | 4,9 • | 7,5 • | 8,5 • |
5 | Máis info... |
4,6 | 4,5 • | 5,5 • | 3,0 • | 3,0 • | 5,5 • | 6,5 • | 3,5 • | 4,9 • | 5,0 • | 7,0 • |
6 | Máis info... |
4,0 | 4,0 • | 3,0 • | 5,0 • | 7,0 • | 1,0 • | 5,0 • | 3,5 • | 4,9 • | 5,0 • | 7,0 • |
7 | Máis info... |
3,2 | 4,5 • | 3,0 • | 1,0 • | 3,9 • | 1,0 • | 3,0 • | 3,5 • | 4,9 • | 6,0 • | 7,0 • |
8 | Máis info... |
2,3 | 5,0 • | 5,5 • | 4,0 • | 4,5 • | 5,5 • | 6,5 • | 3,5 • | 0,0 • | 0,0 • | 7,0 • |
Valoración
Durante 2019, e tras denunciarmos a contaminación por plásticos en 2018 e a inacción por parte dos supermercados, estes seguiron analizando os seus produtos lentamente. Durante 2019, os supermercados estiveron a traballar para ver que envases teñen e como poderían cambiar as súas prácticas, pero van demasiado devagar e, na meirande parte dos casos, seguen a ter unha mentalidade de substitución máis ca de verdadeira eliminación. Moitos deles non apostan por unha eliminación real para tratar este problema, senón que, tras un ano de deliberacións, resúltalles máis doado reduciren o grosor dos seus envases para usar unha menor cantidade de plástico (aínda que o envase siga existindo) ou directamente substituíren os plásticos dun só uso por envases biodegradábeis ou compostábeis, que tamén son dun só uso e tamén poden seguir levando plástico, co que estas medidas non serían efectivas para frear a contaminación por plásticos.
Este ano podemos ver dúas liñas de loita contra os plásticos: os supermercados que comezaron a dar pasos na dirección correcta e os supermercados que, por diferentes motivos, aínda teñen moitísimo traballo por diante. De certo, ningún leva un sobresaínte, xa que ata agora ningún estableceu todas as medidas precisas para dicir adeus aos plásticos dun só uso nin á cultura do usar e tirar. Pero xa varios, como Eroski ou Alcampo, apostan por opcións reutilizábeis que nos permiten mercar sen xerar refugallos e teñen plans para seguir aumentándoos.
ACTÚA! Só podes consumir sostíbel se che deixan
Seguimos a precisar o voso apoio. Por iso deseñamos estas fichas, que inclúen os contactos públicos dos supermercados. Precisamos que lles escribades, que os chamedes, que os mencionedes nas redes sociais e que lles fagades chegar as vosas peticións para que deixen de sobreenvasar os seus produtos! Xa é hora de que, de xeito transversal, nos permitan facer a compra sen encher os nosos caldeiros do lixo e o planeta de envases que poderiamos aforrar.
Contamos coa vosa axuda para xerar o cambio necesario que nos permita frear a contaminación por plásticos. Grazas!
Información relacionada
Preme para abrir:
■ Que é un envase reutilizábel?
■ Que é un material biodegradábel?
■ Que é un material compostábel?
Súmate a Greenpeace!
Sé parte da nosa organización para esixir aos supermercados que actúen contra o uso excesivo de plásticos. Cantas máis persoas sexamos, máis forza poderemos facer.
Actúa co teu consumo!
Adoptando unhas sinxelas medidas para reducirmos o uso de plásticos, evitaremos contribuír á invasión de plásticos que afoga os nosos mares. Aquí dámosche algunhas ideas.